Altri Non, fóra xa! Manifestación Santiago 14 de Decembro de 2025, ás 12h. na Alameda
As Plataformas Ulloa Viva e en Defensa da Ría de Arousa, un ano despois da manifestación do 15 de decembro de 2024 contra o proxecto Gama de Altri, convócannos de novo a saír ás rúas e encher o Obradoiro para exixir que se lle dea o punto final á pretensión de instalar unha macrocelulosa no corazón da Galiza, afectando ás vidas de todas as persoas que viven na zona, de todas as que beben ou viven do río Ulla e de todas as galegas e galegos que vemos como se insiste no camiño de vender os nosos recursos, a nosa paisaxe, o noso patrimonio e as nosas vidas a grandes empresas foráneas que levarán o lucro e deixarán aquí espolio e miseria.
A manifestación sairá da Alameda de Santiago de Compostela o domingo 14 de decembro ás 12h.
A instalación de Altri non ten o noso aval, fagámosllo saber!
Polas que somos e as que virán
ALTRI NON! FÓRA XA!
