Os representantes do movemento ecoloxista non asistirán á reunión do COGAMADS

Os representantes da FEG, ADEGA, a e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), non asistirán á reunión do COGAMADS convocada para o venres 31, tras dous anos sen ter sido atendida a súa lexítima solicitude de que se debata no Consello acerca dos efectos ambientais dos numerosos proxectos eólicos en tramitación

Manifestación pola defensa do territorio Altri Non

Dende a Ulloa ata a Ría. Terra, auga e aire son vida! Palas de Rei, 26 de maio, ás 12h. A Federación Ecoloxista Galega apoia a mobilización que desde a Plataforma Ulloa Viva organizan en Palas de Rei para demandar unha Ulloa libre de celulosas. A FEG presentou alegacións ao proxecto para a implantación dunha…

A FEG presenta alegacións á autorización ambiental de Greenfiber

A Federación Ecoloxista Galega presentou alegacións ao anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil…

A FEG amosa a súa alarma pola suspensión do Consello Forestal Galego

Sen xustificación real, a Consellería do Medio Rural vén de aprazar sen data a celebración da reunión do Consello Forestal Galego prevista para o venres 26 de abril no que se ía presentar o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) para o 2024. A día de hoxe aínda non…

Colectivos ecoloxistas e sociais rexeitamos a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

Esiximos da Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso Denunciamos que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do…

Millares de persoas mobilizáronse na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética os pasados 9 e 10 de decembro polo Día das Montañas

A Coordinadora “Eólica Así Non” celebrou, os pasados 9 e 10 de decembro, 6 mobilizacións en territorios afectados pola invasión eólica, coincidindo co “Día das Montañas”: Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira. Con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de…