ENCE segue a agochar os seus escapes!

Na Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) temos recibido ao longo destas últimas datas multitude de chamadas que desde diferentes zonas da capital e, principalmente, desde a parroquia de Lourizán, denunciaban os cheiros nauseabundos -e mesmo nalgún caso as dificultades para respirar- unha situación que sen dúbida tiña a súa orixe na fábrica…

ContraMINAcción celebra a sentencia en contra de Edgewater

Advirte que interesados noutros proxectos mineiros non deben subestimar a oposición cidadá aos proxectos mineiros en Galiza, que é o que en definitiva acabou co proxecto mineiro de Corcoesto. As mobilizacións masivas que catapultaron o fin do proxecto mineiro de ouro de Corcoesto culminaban o 2 de Xuño de 2013 nunha gran mobilización en Santiago de Compostela con presencia…

O confinamento humano traerá efectos moi positivos para a biodiversidade galega

Coa industrialización e a instauración do chamado Estado de Benestar, os logros acadados no ámbito do dereito laboral, que nos permiten dispoñer de días de descanso, así como o acceso case xeneralizado da poboación aos medios de transporte, favoreceron que as persoas veñamos empregando cada vez máis o noso tempo de lecer para pasalo no medio…

Manifesto na defensa das hortas de autoabastecemento

30 asociacións galegas firman, e remiten a Xunta, un manifesto para que se permita o uso das hortas de autoabastecemento, ante a medida da xunta de prohibir o acceso a non ser que estivera nun radio de 500m do domicilio habitual. Esta medida deixa fora a meirande parte dos hortos, os que consideramos unha fonte…

As asociacións ecoloxistas solicitan á Xunta paralizar a caza da rula

As asociacións ecoloxistas propuxeron esta mañá na reunión telemática do Comité Galego de Caza unha moratoria na caza da rula. Neste comité escoitáronse as distintas propostas para o establecemento dos períodos hábiles de caza para a temporada 2020-2021 nas distintas modalidades. Até o de agora,a caza da rula estaba permitida na media veda no espazo…

Día da Loita Labrega 2020: Agroecoloxía en tempos de Crise

Artigo de Lucía Ferreira, vogal de agroecoloxía de ADEGA Neste Día Internacional da Loita Campesiña e á altura do ano 2020, o obxectivo desta celebración cobra máis sentido que nunca. Sendo unha persoa concienciada na ecoloxía e a miña profesión vencellada ao campo e ao cultivo agroecolóxico, dende hai anos que procuro abastecerme de alimentos…

ENCE-Pontevedra, unha fábrica insolidaria.

En plena crise provocada pola presenza do coroavirus COVID-19, que pon en xaque a saúde do conxunto da poboación e que obrigou ao goberno do estado a adoptar medidas moi drásticas que inclúen o actual “estado de alarma” e, xa que logo, o peche de toda aquela actividade industrial e comercial que non sexa estritamente…

Os Plans 5g, criterios ambientais e de saúde. Pegada ecolóxica da economía dixital e crise eco-social global

As redes 5G xunto có Internet das cousas (IoT), o Big data, a Intelixencia Artificial, as smart cities, a robotización, …  forman parte da denominada 4ª Revolución Industrial, avalada e impulsada polo “Foro Económico Mundial” (World Economic Forum) ou “Foro de Davos”, financiado polas sobre 1.000 corporacións multinacionais máis grandes do planeta. Esta Plataforma defensora…

Esta semana desacaciamos no Hío!

A Comunidade de Montes Veciñais do Hío (Cangas) convoca a súa primeira intervención en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia o sábado 7 de marzo. Imos arrincar e descascar acacias na zona dunar de Nerga, no LIC Costa da Vela, un traballo que dividiremos en grupos nas que unhas arrancarán novas prantas e outras serán…