30 asociacións galegas firman, e remiten a Xunta, un manifesto para que se permita o uso das hortas de autoabastecemento, ante a medida da xunta de prohibir o acceso a non ser que estivera nun radio de 500m do domicilio habitual. Esta medida deixa fora a meirande parte dos hortos, os que consideramos unha fonte basica de alimentos, e mais dadas circunstancias nas que nos atopamos.Estas semanas son cruciais para preparar a terra, sementar e poder colleitar nos meses vindeiros, diminuíndo o impacto económico que esta situación vai supor aos veciños durante moito tempo.
Polo que solicitan que a Xunta rectifique, e estenda os requirimentos das medidas hixiénico-sanitarias, necesarios noutras actividades, aos hortos de autoabastecimiento e non se deixe á arbitrariedade de cada axente. Por exemplo, a diferenciación horaria en hortos urbanos con parcelas pequenas e contiguas, onde poidan poñerse de acordo entre os veciños para non acudir os mesmos días. E piden tamén que se teña en conta a realidade da gran maioría de veciños que non posúen un carné de manipulador de fitosanitarios e a daqueles que manteñen as súas hortas en espazos cedidos, polos que non posúen certificado de titularidade.
É moito máis seguro ir ao horto, cumprindo as medidas sanitarias preventivas, que acudir aos supermercados, onde hai unha incalculable manipulación de todos os produtos por parte da longa cadea de produción, abastecemento e distribución. Os hortos de autoabastecimiento non son lugar de lecer e recreo, deberian ser considerados unnha actividade esencial como o resto da produción agraria.