Xa está en difusión o documental Filtrando a Luz dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender sobre a historia do movemento ecoloxista galego vinculado á Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza-Federación Ecoloxista galega. Fai un repaso pola historia do movemento nos últimos 50 anos. Cunha duración de 89 minutos recolle momentos da historia do movemento…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
22 de marzo, manifestación por terra e por mar: Non a Altri, Non á mina de Touro
Neste 22 de marzo, acompañaremos á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a reclamar, entre outras cousas, a protección do marisqueo fronte aos proxectos extractivistas que queren acabar cos recursos naturais dos que dispoñemos.
15D, a Xunta non pode calar todo un país. Manifestación Altri Non!
A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa convocan mobilización o 15 de decembro en Compostela. Unha nova demostración da contestación social en contra do proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei
Rexeitamos tentativa da Xunta de expulsar organizacións ecoloxistas e comunidades de montes veciñais do Consello da Minería de Galicia
Os colectivos sociais abaixo-asinantes rexeitamos a decisión unilateral da Xunta de Galicia de excluír as organizacións de defensa da natureza e das comunidades de montes veciñais do Consello da Minería de Galicia, do que forman parte desde que o órgano foi establecido en 2008 mediante a Lei 3/2008 de Ordenación da Minaría de Galicia. Se…
En memoria de Miguel Ángel Martínez Novoa (1962-2024)
Faleceu en Vigo, o pasado 3 de novembro, Miguel Ángel Martínez Novoa fundador do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), un dos fillos que a Terra elixiu para se defender mediante a paz e a palabra, e no caso de Miguel, a propia saúde
A FEG presenta unha reclamación contra o certificado de xestión forestal sustentable FSC concedido á Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS)
a Federación Ecoloxista Galega ven de presentar unha queixa diante da
empresa certificadora AENOR, solicitando a suspensión do certificado e a prohibición
de utilización do selo nos produtos elaborados a partir da madeira de eucalipto de EGS,
a queixa realízase en base ao incumprimento de 5 dos principios de certificación do
FSC.
Temos Raíces: encontro ecoloxista, 19-20 de outubro
Encontro ecoloxista, organizado pola FEG, 19 e 20 de outubro no albergue Alvarella de Vilarmaior.
Documental Temos Raíces: memoria do movimento ecoloxista galego
A finais de xullo rematouse a fase de gravación de campo do proxecto Temos Raices, comeza agora a de edición que rematará coa estrea dun documental resume da Historia do ecoloxismo galego dende 1973 até hoxe. Será o 19 de Outubro, nunhas xornadas que a FEG está organizando (axendanda a data). O documental, inserido no…
A FEG xunto a máis de cen colectivos ecoloxistas e sociais rexeitamos o novo proxecto de mina de Touro polos seus impactos ambientais inasumíbeis
Máis dun cento de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago mostramos o rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial…
Os representantes do movemento ecoloxista non asistirán á reunión do COGAMADS
Os representantes da FEG, ADEGA, a e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), non asistirán á reunión do COGAMADS convocada para o venres 31, tras dous anos sen ter sido atendida a súa lexítima solicitude de que se debata no Consello acerca dos efectos ambientais dos numerosos proxectos eólicos en tramitación
Manifestación pola defensa do territorio Altri Non
Dende a Ulloa ata a Ría. Terra, auga e aire son vida! Palas de Rei, 26 de maio, ás 12h. A Federación Ecoloxista Galega apoia a mobilización que desde a Plataforma Ulloa Viva organizan en Palas de Rei para demandar unha Ulloa libre de celulosas. A FEG presentou alegacións ao proxecto para a implantación dunha…
Manifesto ecoloxista: “A ampliación da Rede Natura galega non pode agardar máis”
30 colectivos ecoloxistas e naturalistas galegos reclaman a ampliación urxente e a mellora da xestión dos espazos naturais protexidos do país no Día Europeo da Rede Natura 2000