Os colectivos sociais abaixo-asinantes rexeitamos a decisión unilateral da Xunta de Galicia de excluír as organizacións de defensa da natureza e das comunidades de montes veciñais do Consello da Minería de Galicia, do que forman parte desde que o órgano foi establecido en 2008 mediante a Lei 3/2008 de Ordenación da Minaría de Galicia. Se…
Categoría: Enerxía
Millares de persoas mobilizáronse na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética os pasados 9 e 10 de decembro polo Día das Montañas
A Coordinadora “Eólica Así Non” celebrou, os pasados 9 e 10 de decembro, 6 mobilizacións en territorios afectados pola invasión eólica, coincidindo co “Día das Montañas”: Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira. Con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de…
O proxecto eólico Monte da Croa, novo desafío #TPP de ADEGA contra a depredación macroeólica
O pasado día 16 de maio, a asociación ecoloxista ADEGA lanzaba a campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos para conquerir fondos para poder emprender accións xurídicas contra os proxectos eólicos autorizados pola Xunta de Galiza en xaneiro deste ano, e que son produto dun modelo enerxético desordenado, insustentábel e inxusto co pobo galego. Unha semana despois…
Conseguimos o reto! Rodear a Xunta contra máis de 75 proxectos macroeólicos especulativos
Este domingo, 23 de abril, a Coordinadora “Eólica Así Non” volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual depredación macroeólica especulativa, que desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela. A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron…
Empresa madrileña promove a primeira macroplanta solar en Galiza e ameaza a unha das 6 parellas de aguia real
A planta solar fotovoltaica “A Gudiña” de 66 MW e 110 hectáreas de superficie e promovida pola empresa madrileña “Amber Solar Power 29” sitúase a menos de 3 km do niño dunha das únicas 6 parellas de aguia real (Aquila chrysaetos) que temos en Galiza, catalogada como “en perigo de extinción” segundo o Catálogo Galego…
O Ministerio denega unha megacentral de bombeo de Naturgy na Limia alegada por ADEGA
A Dirección Xeral da Auga, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, vén de denegar a autorización para a construción central reversíbel Salas-Cunchas despois de 15 anos de trámites.A peticionaria, Naturgy, á que en 2017 se lle concedeu unha DIA favorábel e en 2021 se lle autorizou unha prórroga de 2 anos para construir a central,…
ADEGA denuncia que a eólica mariña pretende ocupar áreas con hábitats protexidos vetadas á pesca de fondo
A recente protección da Comisión Europea de deterninadas áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os valiosos hábitats de fondos rochosos con corais fríos obxecto de protección fronte a estas artes poden ser ocupados cos mortos, ancoraxes e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños. O documento marco no…
Eólica Así Non convoca unha nova gran mobilización para o 11D, Día das Montañas
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica…
ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación na tramitación de parques eólicos de Greenalia
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de presentar denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de A Coruña contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, actualmente Secretaria Xeral de Industria da Xunta, por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación do…
“Ti podes paralos!” acada o seu reto en 7 días: facer efectivas as paralizacións cautelares de Campelo e Bustelo
Hoxe é un día de celebración e de xúbilo para todas as organizacións, entidades, plataformas, e persoas particulares que coas súas achegas voluntarias contribuíron a facer posible a paralización efectiva dos parques eólicos Campelo e Bustelo a través da campaña “Ti podes paralos!”. Dous días despois de ter ingresado o depósito de caución para a paralización cautelar…
ADEGA esixe ao Ministerio cumprir a súa propia moratoria e deixar de admitir a trámite parques eólicos mariños
Malia a que en xuño de 2021 o Estado aprobou unha moratoria para a admisión a trámite de novos parques eólicos mariños, outra instalación “Galwind” de 1000 MW vén de iniciar o seu percorrido administrativo, e xa non é a primeira nin semella que sexa a última… Para evitar unha avalancha de proxectos que condicionarían…
Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…