O Aquelarre de Senda Nova xunta a 200 persoas para denunciar eólicas e zahorra

Máis de 200 meigas voltaron ao Monte Neme para ateigar a Eira das Meigas de reivindicación a prol dos valores ecolóxicos, culturais e sociais. Abriron os actos Xan M Fraga  e Xan X. Fernández. Os historiadores afondaron nos valores culturais do Monte Neme, facendo un percorrido polo patrimonio inmaterial dun espazo degradado e maltratado ao longo…

As organizacións ecoloxistas abandonan o consello galego de medio ambiente pola negativa da Xunta a debater a problemática eólica

A vogalía da Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto coa de ADEGA e a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), representantes ecoloxistas no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, COGAMADS, vimos de comunicar á Presidencia deste organismo consultivo a nosa intención de non seguir participando nas reunións mentres non se debatan e voten no pleno…

Galiza confirma a agonía do carbón en 2021

O carbón só achegou o 1,9% da electricidade producida na Galiza durante 2021, segundo os datos de Rede Eléctrica de España (REE). A xeración eléctrica con carbón descendeu un 65,8% con respecto a 2020, acentuándose o seu declive (1). Nin sequera durante os meses con prezos do gas fósil máis elevados o carbón tivo un…

A administración dá osíxeno ás eólicas mentres afoga á cidadanía

Non só a Xunta favorece ás empresas eólicas poñendo atrancos á participación pública. Tamén o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de ampliar os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez…

ADEGA e o FDXCC presentan unha batería de contenciosos xudiciais contra os parques eólicos da ex-conselleira Beatriz Mato

A asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica (PDCC), en representación de todas as entidades promotoras do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), veñen de presentar tres recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a aprobación por parte…