ADEGA acudirá a Bruxelas para denunciar a vulneración do dereito comunitario pola actual invasión eólica

Unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista ADEGA desprazarase a Bruxelas a vindeira semana,  os días 31 de agosto e 1 de setembro, convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda,  co obxecto de presentar ante a Comisión Europea dúas denuncias contra o Estado español e a Xunta por vulneraren o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas en Galiza.

Nesta visita, ADEGA ademais exporá un informe xurídico no que se analiza a evolución histórica desde un punto de vista legal da implantación de proxectos de produción de enerxía eólica no país, e de que xeito tivo lugar ao marxe e contraria á normativa europea aplicable.

No tocante ás denuncias, presentará dous documentos, un deles atinxirá á vulneración dos dereitos da cidadanía en materia de acceso á información e participación pública en relación aos proxectos eólicos en tramitación. O outro denunciará o incumprimento das directivas comunitarias en materia de protección do medio ambiente.

O obxectivo destas accións é chamar a atención das autoridades europeas, en concreto da Comisión Europea, para que investigue o marco normativo no que se ampara a implantación eólica en Galiza e analice se desde os gobernos do Estado e a Xunta se incumpren as directrices europeas nas materias sinaladas, polo cal ADEGA instará á CE a que adopte as medidas de apercibimento ou sancionadoras que correspondan

Así mesmo, ADEGA achegará o sentir de boa parte da sociedade galega de rexeitamento ao actual modelo enerxético que se puxo en total evidencia nas últimas mobilizacións sociais convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non.

En representación de ADEGA, acudirán a Bruxelas o secretario técnico da organización, Fins Eirexas, a secretaria executiva, Belén Rodríguez, e o vogal de Dereito de ADEGA, Fernando de Abel Vilela, xunto co seu equipo legal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s