O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), do que fai parte ADEGA, e a través da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, vén de interpoñer recurso de alzada ás aprobacións dos complexos eólicos de Peña del Gato, Valdesamario e La Espina, paralizados durante anos por orde do TSX de Castela e León, que…
Etiqueta: ADEGA
A Revista Cerna asómase a unha Galiza de eucaliptos e eólicos
A última edición da Revista CERNA está marcada de novo pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. A vaga eólica segue a centrar boa parte dos contidos da publicación de medio ambiente e ecoloxía de Galiza, ofrecendo un segundo especial sobre a esta cuestión. Nesta ocasión, dous colectivos afectados ben distantes xeograficamente entre…
O fracaso de SOGAMA coloca a Galiza terceira pola cola en reciclaxe de residuos no Estado
Liderada a xestión de residuos pola Xunta e SOGAMA, Galiza atópase á cola en recollida separada e reciclaxe no Estado, incumprindo actualmente os obxectivos da lexislación para 2020, segundo os datos do MITECO, e sen perspectivas de mellora nin de poder cumprir cos obxectivos para 2025 ou 2030. De forma anacrónica, a maior parte dos investimentos recentes da Xunta destináronse a…
O Proxecto Ríos chega á maioría de idade
O presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Roi Cuba e as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio para o ano 2022 por vía electrónica. A sinatura da continuidade á cooperación para promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais…
Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica
Na xornada de onte, con motivo do Día do Medio Ambiente, a Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza baixo o lema de “Temos Alternativa!. Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por…
Galiza mobilizarase o 5 de xuño por un modelo enerxético xusto, sustentábel, por e para o pobo
Galiza manifestarase o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza fixo un chamado hoxe, en rolda de…
Día Mundial da Biodiversidade: o ecoloxismo galego propón áreas de exclusión ambiental para evitar o impacto das renovábeis
A proposta da ONU, o 22 de maio celébrase o Día Mundial da Diversidade Biolóxica. Con tal motivo, as entidades ADEGA, SGO, SGHN, Morcegos de Galicia, a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, Hábitat, Verdegaia e a FEG vimos de achegar á Xunta e ao Ministerio as nosas propostas para diminuir o impacto das…
ADEGA inaugurou en Ames o Curso de formación en técnico/a de compostaxe en 2022
A inauguración do I Curso Técnico de compostaxe decentralizada da asociación ecoloxista ADEGA durante o 2022, que está a ter lugar desde hoxe no concello coruñés de Ames, destinado a persoas desempregadas para facilitar a súa inserción no mercado laboral relacionado con actividades de economía verde, como é a xestión sustentábel dos residuos urbanos. Acompañando…
O movemento ecoloxista logra que 1.131 humidais pasen a ser zonas protexidas nos novos Planos Hidrolóxicos
Galiza, a terra dos máis de 1000 humidais… sen protección A figura de humidal protexido galego criouse durante o goberno bipartito mediante o Decreto 127/2008, ao que xa de entrada incorporáronse os 5 humidais Ramsar declarados polo Estado en Galiza. A mesma norma, criaba tamén o Inventario de Humidais de Galiza (IHG), paso previo para…
ADEGA dá comezo ao primeiro curso técnico de compostaxe descentralizada
En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Ames. O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe, coñecer e determinar a…
ADEGA celebra o día da terra cunhas xornadas para promover un estilo de vida sustentábel
O vindeiro venres 22 de abril comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios. Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentábel, acorde coas necesidades de cambio hábitos que nos esixe a…
15 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e de inacción administrativa
Esta semana, cúmprense 15 anos da aprobación do Decreto 88/2007, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas (no sucesivo CGEA). Eran 193 especies de animais e plantas as listadas, 74 delas En perigo de extinción e 119 Vulnerables, isto é, no chanzo previo a perigo de extinción. Nesta década e media houbo…