Asina o manifesto “Salvemos o Macizo Central” contra o parque eólico de Rebordechao

Salvemos O Támega - ADEGA Monterrei publica este 23 de maio o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central, o seu valiosísimo patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía... Seguir lendo →

Día Mundial da Diversidade Biolóxica: O desleixo de Feijóo condena á nosa biodiversidade máis ameazada

Este 22 de maio é o Día Mundial da Diversidade Biolóxica. En ADEGA queremos facer repaso ao estado da biota galega, centrándonos na situación das especies máis ameazadas. Este ano o lema que propón a ONU é "Somos parte da solución" en referenza ao imprescindíbel compromiso da sociedade coa conservación e recuperación da diversidade natural.Polo... Seguir lendo →

Roi Cuba Dorado, escollido novo presidente de ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebrou hoxe a súa 45ª Asemblea Xeral que, nesta edición se desenvolveu en formato telemático debido ás actuais circunstancias sanitarias. Nesta asemblea elixiuse nova directiva para os dous vindeiros anos encabezada polo biólogo lugués, Roi Cuba Dorado, ata agora vicepresidente de ADEGA. Tamén se anovaron outros... Seguir lendo →

Campaña de crowfunding para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica fronte aos macroproxectos eólicos

No Día da Terra 2021, seis organizacións ecoloxistas con ampla implantación na cornixa cantábrica unen as súas forzas para emprender, co soporte dunha campaña de doazóns, un fondo xurídico co que impulsar acción legais para evitar a destrución das montañas cantábricas ante a enxurrada de proxectos eólicos a grande escala. As entidades impulsoras do proxecto... Seguir lendo →

ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora

O anuncio por parte da Xunta de Galicia dunha moratoria ou paralización temporal das novas plantacións de eucaliptos en Galiza, sen que esta vaia acompañada dun instrumento normativo que regule a súa aplicación, sen medidas de sanción e sen o necesario reforzo de recursos económicos e humanos, especialmente do corpo administrativo de vixilancia e control... Seguir lendo →

As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos

Hai varias semanas a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) anunciou a presentación de 10 proxectos en materia de biodiversidade para optar ao financiamento europeo para a recuperación económica, os chamados fondos “Next Generation” (https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55475/medio-ambiente-presenta-10-proxectos-materia-biodiversidade-para-optar-maximo?langId=gl_ES). Neste anuncio propóñense de forma moi superficial e sen ningunha concreción unha serie de actuacións que entendemos necesitan... Seguir lendo →

ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI

ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado,... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑