Roi Cuba Dorado, escollido novo presidente de ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebrou hoxe a súa 45ª Asemblea Xeral que, nesta edición se desenvolveu en formato telemático debido ás actuais circunstancias sanitarias. Nesta asemblea elixiuse nova directiva para os dous vindeiros anos encabezada polo biólogo lugués, Roi Cuba Dorado, ata agora vicepresidente de ADEGA. Tamén se anovaron outros... Seguir lendo →

Campaña de crowfunding para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica fronte aos macroproxectos eólicos

No Día da Terra 2021, seis organizacións ecoloxistas con ampla implantación na cornixa cantábrica unen as súas forzas para emprender, co soporte dunha campaña de doazóns, un fondo xurídico co que impulsar acción legais para evitar a destrución das montañas cantábricas ante a enxurrada de proxectos eólicos a grande escala. As entidades impulsoras do proxecto... Seguir lendo →

ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora

O anuncio por parte da Xunta de Galicia dunha moratoria ou paralización temporal das novas plantacións de eucaliptos en Galiza, sen que esta vaia acompañada dun instrumento normativo que regule a súa aplicación, sen medidas de sanción e sen o necesario reforzo de recursos económicos e humanos, especialmente do corpo administrativo de vixilancia e control... Seguir lendo →

As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos

Hai varias semanas a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) anunciou a presentación de 10 proxectos en materia de biodiversidade para optar ao financiamento europeo para a recuperación económica, os chamados fondos “Next Generation” (https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55475/medio-ambiente-presenta-10-proxectos-materia-biodiversidade-para-optar-maximo?langId=gl_ES). Neste anuncio propóñense de forma moi superficial e sen ningunha concreción unha serie de actuacións que entendemos necesitan... Seguir lendo →

ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI

ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado,... Seguir lendo →

Plantación de teixos na Eira da Xoana

O sábado 6 de marzo, a asociación ecoloxista ADEGA e a Fundación Eira, coa colaboración de Bodegas Lodeiros, o LIFE Baccata do IBADER (USC), o CFEA de Lourizán e o Concello de Agolada, realizaron unha plantación de teixos para poñer en valor esta árbore milenaria que está a desaparecer do noso territorio.A repoboación de teixos,... Seguir lendo →

Mesa redonda: Destruír para construír

Numa cidade assistimos ao derrubo de estruturas e construção de outras novas, sem sabermos porque é necessário banir a história e apagar a nossa memoria coletiva. O impacto ambiental de cada nova construção é grande. Começa com a extração de pedras, para seguir com fabricação de cimento, transportes de mercadorias, e gasto de energia. Nestes... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑