O Aquelarre de Senda Nova xunta a 200 persoas para denunciar eólicas e zahorra

Máis de 200 meigas voltaron ao Monte Neme para ateigar a Eira das Meigas de reivindicación a prol dos valores ecolóxicos, culturais e sociais.

Abriron os actos Xan M Fraga  e Xan X. Fernández. Os historiadores afondaron nos valores culturais do Monte Neme, facendo un percorrido polo patrimonio inmaterial dun espazo degradado e maltratado ao longo da historia.

Diferentes colectivos de defensa da terra como Asociación Salvemos o Val da Barcia e Monte Xaloo Observatorio Ibérico da Minería, a Plataforma Non eólicos CampeloBustelo e Monte Toural ou a Asociación Ambiental Senda Nova participaron na lectura de comunicados. A estas uníronse colectivos moi diferentes como a Comunidade de Montes de Oza, a Escola do Alprende, a AD Media Ducia,  a AC San Campio de Cances ou mesmo o colectivo cultural Aquelarres Literarios.

Xa de noite e pasadas as 23 h, a comitiva de meigas, encabezada por meigas vidas voando dende Cerceda, terra de Xallas, A Coruña, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Malpica de Bergantiños, iniciaron o ascenso ao mítico círculo lítico acompañadas de fachos acesos e dunha acompasada percusión que seguiu despois da entrada de todas as meigas na Eira.

A coñecida actriz Isabel Risco, mestra de cerimonias e dinamizadora na presentación das entidades, exerceu de representante das meigas na propia Eira, cunha intervención animada, reivindicativa e chea de forza e optimismo, que envolveu a actuación das demais meigas, facendo latexar con forza un cromlech que se vestiu de gala para a ocasión.

Escola do Alprende e numerosos gaiteiros, bailadores e pandereteiras, animaron a festa posterior ata a entrada do seguinte  día, no que se correspondeu cunha velada debaixo dunhas estrelas do Monte Neme que acompañaron ás meigas  para conseguir que a treboada se afastase deste monte mítico bergantiñá.

Tanto os textos como o propio Aquelarre na Eira das Meigas, xirou a prol do noso rural e o feminismo, poñendo énfase nas desfeitas ambientais que teñen que ver con parques eólicos, canteiras e deterioro de corredoiras e ríos por mor da zahorra e pasarelas de madeira que proliferan na nosa xeografía nos poucos lugares que nos quedan aínda sen deteriorar.

O Aquelarre denuncia e sinala neste caso a administracións públicas de todas as cores políticas, e tamén a  empresas sen escrúpulos na desfeita. A súa vez, quixo dar pulo ao medio rural e a súa mobilización veciñal como gran valedora do territorio fronte a desfeita.

Agradecementos a todas as entidades e colectivos que acompañaron nesta noite máxica. Tamén a todos os músicos que aportaron algo tan esencial neste evento. A todas as meigas da representación teatral. A SonpresInterfilm CarballoAD Media Ducia e AC San Campio de CancesA. V. Protección Civil de Carballo e a todo o persoal voluntario da organización por demostrar que o pulo asociativo é capaz de organizarse para eventos coma este.

Basta xa de desteitas!!
MEDO NOS TEÑEN, SOMOS AS MEIGAS DO MONTE NEME.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s