O Proxecto “Vémonos no Monte” combatirá especies invasoras a ambos lados da Raia

Trátase dun proxecto de formación e voluntariado ambiental con entidades galegas e portuguesas, financiado polo programa europeo Erasmus+

A finais deste mes as voluntarias galegas partirán para a Serra da Estrela, mentres que no fin do verán serán as de Portugal as que veñan intervir en terras galegas

Este mes estréase na Serra da Estrela o proxecto “Vémonos no monte!”, unha iniciativa de voluntariado e formación ambiental transfronteiriza que durante o próximo ano e medio realizará múltiples actuacións para combatir especies de flora invasoras en diferentes espazos naturais galegos e portugueses, con especial incidencia nas do xénero acacia.

A iniciava lánzase partindo dos catro anos de experiencia das Brigadas deseucaliptizadoras, proxecto de voluntariado lanzando por Verdegaia em 2018 e premiado internacionalmente, a través da asociación de colaboración entre a Fundación CEER (Rede de Universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal), a Fundación Montescola e o colectivo portugués À Escuta, contando co financiamento do programa europeo Erasmus+.

Ao longo de 18 meses, “Vémonos no Monte!” desenvolverá un programa de actividades composto por xornadas de intervención teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, seminarios transfronteirizos e obradoiros de capacitación técnica, entre outras iniciativas que inclúen a elaboración de materiais educativos.

Do 24 ao 26 de xuño unha trintena de voluntarias galegas partirá para o Parque Natural da Serra da Estrela, onde se xuntarán con outras tantas voluntarias portuguesas para eliminar mimosas (Acacia dealbata) na Ribeira do Alvôco, nun campamento que incluirá obradoiros con investigadoras das universidades de Santiago de Compostela e Coimbra. No fin do verán, serán as voluntarias de Portugal as que devolvan a visita para unha intervención na Galiza.

Desacaciando na raia

No fin do ano terá lugar un encontro de voluntariado e formación na raia, no que un cento de voluntarias intervirán durante un campamento de fin de semana tanto nos baldíos do Parque Nacional do Gerês, do lado portugués, como nunha das comunidades de montes contigua xa dentro do Parque Natural do Xurés, do lado galego.

O proxecto parte da problemática común que supón a acacia da acacia (fundamentalmente Acacia melanoxylon e Acacia dealbata) a ambos lados da raia polo seu papel no deterioro dos ecosistemas e no aumento do risco de incendios forestais. Mediante as distintas accións permítese a troca de experiencias prácticas e a xeración de itinerarios de capacitación, fundamentalmente prácticos, que permitan actuar sobre esta problemática específica.

Información:

Brigadas Deseucaliptizadoras Galiza
Brigadas Deseucaliptizadoras Portugal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s