Colectivos ciclistas e ecoloxistas promoven campaña para fomentar a bicicleta nos desprazamentos ás praias de Vigo

VIGO CICLABEL, conformado polas asociacións A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace Ecoloxistas en Acción, Vigo Histórico, Mulleres Bicivisibeis e Fridays for Future lanzamos a campaña “Á praia en bici” co fin de potenciar durante este verán o uso da bicicleta como medio de transporte nos desprazamentos ás praias de Vigo. A campaña consiste…

CERNA-Barómetro 2019: o pulso da información ambiental na prensa

CERNA-Barómetro é unha iniciativa do Proxecto CERNA de ADEGA que pretende avaliar a comunicación dos temas ambientais nos medios durante un ano natural. Trátase de analisar, tanto cuantitativa como cualitativamente, o tratamento de determinados tópicos relacionados co medio ambiente nos medios de comunicación con presenza en Galiza. Deste xeito tentamos radiografar que temas ambientais son…

Outro vertedoiro máis nas Somozas e 10.000 t de residuos do Prestige aínda sen tratar

A Xunta está a tramitar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) dun novo vertedoiro para 1,03 millóns de m3 de refugallos industriais no polígono industrial das Somozas. Trátase das instalacións da antiga SOGARISA, sociedade pública de xestión de residuos industriais, agora “UTE PMA-CONTECO/SOGARISA”. No parque empresarial das SOMOZAS localízanse varias empresas xestoras de refugallos que acumulan…

ADEGA celebra o Día Mundial dos Océanos cunha limpeza de praias

Un ano máis ADEGA organizou unha limpeza de praias para celebrar o Día Mundial dos Oceános, hoxe. Por mor da Covid-19, desta volta, a limpeza foi realizada por parte da equipa de Educación Ambiental de ADEGA, pois ata o momento non se poden realizar actividades de voluntariado masivas nos espazos naturais. Neste Día Mundial dos…

O chumbo pesa máis que a pluma

Retomar as actividades en contacto coa natureza resulta axeitado e mesmo recomendable tras o necesario parón que a sociedade galega ven de asumir responsablemente co fin de evitar maiores efectos na expansión da COVID19 e iniciada a fase de progresiva recuperación de aquelas actividades que non supoñan un grave risco de retroceso no control da…

ADEGA reclama a aprobación inmediata do Plan de recuperación do oso pardo en Galiza

ADEGA valora como unha excelente nova a presenza de oso pardo rexistrada no Macizo Central e en pleno Parque Natural do Invernadoiro. Trátase dunha gratificante nova a constatación, mediante vídeo-gravacións, da presenza recorrente de, polo menos, un oso nesta serra durante os últimos meses, en atención ás informacións difundidas por unha empresa. ADEGA agarda agora…