Resultados do Informe Anual 2018 do Proxecto Ríos

En 2018 o voluntariado do Proxecto Ríos determinou que o 36% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; en outono foron o 37% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 41% en primavera; 33% en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes:…

Froitas e verduras de As naves, marca revitalizada

ADEGA comezou o pasado 15 de outubro coa súa colaboración na implantación do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra no Concello de As Neves. A equipa técnica de ADEGA realizou dende o pasado 15 de outubro unha vintena de charlas informativas sobre o proceso da compostaxe individual nas 13 parroquias do Concello de As Neves…

Recheos en Barrañán: xestionar a Rede Natura a golpe de bulldózer

ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns… Ao parecer as actuacións promovidas pola Autoridade Portuaria da Coruña co visto bó da Demarcción de Costas, respostan…

Xunta, a millor amiga de ENCE

ENCE está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores/as, na súa teima en defender a permanencia en Lourizán. Velaí algúns exemplos recentes e as razóns da defensa que a Xunta fai da pasteira: Carta do conselleiro delegado de ENCE Ignacio de Colmenares Carta publicada no “Faro de Vigo”, criticando á Presidenta da Deputación de Pontevedra…

Sermos-ADEGA 20: Eco-feminismo no Século XXI

Nesta nova edición do Sermos-ADEGA atoparás unha entrevista e artigo de Adela Figueroa Panisse, presidenta da Fundación Eira, fundarora e ex-presidenta de ADEGA, sobre Eco-feminismo no século XXI. “Muitas mulheres são hoje as protagonistas das lutas ambientais em todo o mundo. Além disso, os fundamentos teóricos do ambientalismo e a análise científica de problemas e…

O Ecofeminismo, un artigo de Adela Figueroa

Adela Figueroa, presidenta da Fundación Eira e ex-presidenta de ADEGA Segundo Mary Mellor o eco-feminismo é um movimento que visa uma conexão entre a exploração e degradação do mundo natural e a subordinação e opressão das mulheres. (Mary Mellor: Ecologia e feminismo). As reportações do pensamento crítico feminino e o pensamento ecológico oferece-nos a oportunidade…

17 de febreiro: Roteiro pola Lagoa e areal da Frouxeira (Valdoviño)

O vindeiro domingo, 17 de febreiro, temos unha nova cita co programa de roteiros de ADEGA-Lugo, “Fauna d’aquí”. Desta volta, achegarémonos ata a Costa Ártabra para coñecer de preto os valores ambientais, arqueolóxicos, históricos e paisaxísticos da lagoa e areal de Valdoviño. Unha das xoias naturais da contorna é a lagoa da Frouxeira, un dos humidais máis raros…

A sentenza de Barreiros abre a porta á impunidade na política urbanística municipal

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que actuou como acusación particular no procedemento penal contra o Alcalde, arquitecta e os concelleiros do goberno municipal de Barreiros de 2006 por presunta prevaricación urbanística, presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza absolutoria ditada polo Xulgado do Penal  nº 2 de Lugo. O…

A Federación Galega de Caza, xuíz e parte nos campionatos de raposo

ADEGA vén de solicitar a Medio Ambiente a suspensión dos “campionatos” de caza de raposo que fallan por celebrar, a teor do pouco rigor científico, caducidade parcialidade dos datos dos censos que usa a administración. Métodos pouco científicos, datos desfasados e nesgados, falta de obxectividade… A Xunta asume sen máis os postulados da Federación Galega…

8 entidades ecoloxistas e conservacionistas pedimos á Xunta que denegue unha tiroliña na Ribeira Sacra

A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de…