8 entidades ecoloxistas e conservacionistas pedimos á Xunta que denegue unha tiroliña na Ribeira Sacra

A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de construción dunha tiroliñaentre ambas marxes do rio Sil, na Ribeira Sacra.

As oito entidades conservacionistas galegas presentaron recentemente un escrito ante a Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, no que informan dos valores ornitolóxicos da zona en que se pretende levar a cabo o citado proxecto (ver documento apegado) e solicitando se avalíe o impacto dunha actuación deste tipo e se informe en consonancia ás Deputacións de Ourense e Lugo do inadecuado de dito proxecto na zona onde se pretende levar a cabo, e en consonancia non se autorice tal actuación.
Por outra parte, a recente declaración dunha ampla zona da Ribeira Sacra como zona BIC (Ben de Interes Cultural) por parte da Xunta de Galicia, a fin de impulsar súa integración na Lista de Patrimonio Mundial e a declaración como Reserva da Biosfera, amosan un gran contrasentido e total incompatibilidade coa instalación dunha tiroliña entre ambas marxes do río Sil, o supor unha degradación visual e paisaxística da Ribeira Sacra, poñendo en perigo dita inclusión da Ribeira Sacra nestes programas da UNESCO.

Achegamos o escrito recentemente enviado á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, informando así mesmo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e ás Deputacións de Lugo e Ourense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s