O Concello de Ponteareas perde poboación por oitavo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, unha vez máis, en dúbida

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 39 persoas menos no ano 2018 (no 2017 foron 70), o que supón o oitavo ano consecutivo de pérdida de poboación.

Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO nas alegacións que presentou en tempo e forma ao documento de aprobación inicial do PXOM de Ponteareas, Xa naquel momento se facía alusión ás previsións do INE e do Instituto Galego de Estatística. Os dous centros de estudo prevían unha pérdida de poboación para a comarca do Condado en xeral e para o Concello de Ponteareas en particular, o que debería facer reconsiderar as previsións do equipo redactor do PXOM e dos políticos que as deron por boas aprobando o documento.

E tal e como dicíamos nas alegacións mencionadas, a previsión de crecemento ata os 35000 habitantes, como defendía o equipo redactor e apoiraon os sucesivos gobernos municipais, pois o PXOM aprobado é do PP e foi aprobado polo PSOE e o BNG, co apoio dos restantes partidos, agás EU, os datos falan por si mesmos:

“Obxectivamente non hai nin un só dato que se poida extraer do Instituto Galego de Estatística que sustente a teoría de que Ponteareas acadará no ano 2025 os 35.000 habitantes.

Dos datos “oficiais” que están a disposición de calquera veciño ou veciña, de calquera goberno e incluso de calquera equipa redactora de calquera PXOM non se pode afirmar de ningunha maneira científica que Ponteareas incrementará a súa poboación tal e como G.O.C. anuncia no documento que está en exposición ao público. Deste xeito, é difícilmente sostible defender que Ponteareas precisa un incremento das edificacións tal e como se sinala no documento..

E non o precisa por dous motivos fundamentais: O primeiro é que non se pode demostrar de ninguna maneira que Ponteareas terá un incremento poboacional tal e como predice a equipa redactora. En caso contrario terá que explicar de maneira coherente, entendible e demostrable científicamente en que basea esa afirmación. O segundo motivo é que en Ponteareas non se precisa crear novos núcleos, incrementar a edificabilidade de determinadas unidades de xestión, ensanchar de maneira esaxerada os núcleos existentes porque en Ponteareas sobran vivendas para a poboación que hai e para a poboación que tanto o Instituto Nacional de Estadística como o Instituto Galego de Estatística proxectan para os vindeiros anos.

A importancia do crecemento poboacional, ou non, nun PXOM

Tal como denunciou ADENCO no seu momento, a previsión dun crecemento poboacional, ou non, na redacción do documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal dun Concello é determinante de cara ás previsións de núcleos de crecemento, espazos reservados para novas infraestruturas e para a creación de novos viais. Se partimos de previsións erradas e inxustificadas, como ocorreu no caso de Ponteareas, todo o demais debería caer polo seu peso. Para que queremos novas estradas se non é preciso crear un novo núcleo poboacional pois xa non hai xente?

Adenco continuará defendendo que outro urbanismo é posible, sostible e lóxico, denunciando a existencia de vivendas baleiras e espazos sen empregar próximos ao núcleo urbano de Ponteareas, para onde debería medrar a poboación, sen necesidade de seguir ocupando espazos, cos lóxicos custos implícitos de cara á urbanización, saneamento, limpeza, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s