O Grupo Ecoloxista ADENCO quere felicitar ao goberno municipal, que leva seis anos á fronte do Concello de Ponteareas, logo do anuncio (un máis) en relación á construción dunha nova depuradora en Moreira, augas abaixo da actual. Recordamos que xa se prometeu anteriormente o saneamento de Ribadetea, que continúa tamén á espera, ao tempo que... Seguir lendo →
ADENCO felicita ao Concello de Ponteareas pola súa decisión de non cortar as árbores da Praza de Bugallal
O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu esta mañá contestación ao seu escrito de 8 de outubro, hai hoxe vinte días, no que se reclamaba copia do proxecto de reforma da praza de Bugallal e contestación expresa á situación das árbores que forman parte do imaxinario do pobo desde, polo menos, 1970. Así, segundo se pode comprobar... Seguir lendo →
Despois de trinta anos ininterrumpidos ADENCO suspende todas as actividades das súas Xeiras Micolóxicas
As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegarían este ano á súa trixésima primeira edición, realizándose de maneira ininterrompida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas... Seguir lendo →
O Grupo Ecoloxista ADENCO felicita ao Concello de Ponteareas pola recuperación da Ponte de San Roque sete anos despois
O Grupo Ecoloxista ADENCO trasladou esta mañá os seus parabéns ao Concello de Ponteareas pola recuperación da Ponte de San Roque, que sufriu un atentado patrimonial no ano 2013. Desde entón, os ecoloxistas demandaron a recuperación da peza do baluarte da ponte que caeu ao río, e que agora se repuxo. “Mostramos a nosa inmensa... Seguir lendo →
ADENCO solicita diálogo ao goberno de Ponteareas e lembra que a biomasa non é a panacea
O Grupo Ecoloxista ADENCO, ante os últimos feitos que ocorreron e están a ocorrer no Concello de Ponteareas, quere manifestar o seguinte: HUMANIZACIÓNS Non será este colectivo ecoloxista o que pense que facer máis espazos para a cidadanía sexa algo máis que desexable, mais tamén pensamos que debe facerse de xeito razoable, progresivo e consensuado.... Seguir lendo →
ADENCO festexa 30 anos de vida reafirmando a necesidade de lograr un cambio radical na nosa relación coa natureza
O Grupo Ecoloxista ADENCO festexa estes días o seu 30 aniversario, logo da constitución do colectivo o 23 de febreiro do 1990 en Ponteareas, 30 anos de vida a prol da conservación do Medio Ambiente na Comarca do Condado. A Asociación Ecoloxista do Condado fundouse nun momento da historia recente na que o Medio Ambiente... Seguir lendo →
ADENCO festexa 30 anos de actividades micolóxicas coa presentación dunha revista conmemorativa
O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, coa presenza de numeroso público e representantes políticos da Comarca, 30 anos de actividades micolóxicas continuadas. O acto foi conducido por Alejandro Mínguez, periodista e divulgador micolóxico de Celanova, membro dunha familia de afeccionados á micoloxía moi coñecidos en Ourense,... Seguir lendo →
ADENCO presenta a revista conmemorativa dos 30 anos de Xeiras Micolóxicas no Condado
A Asociación Ecoloxista ADENCO celebrará este sábado 14 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, un acto público a partir das 20h no que se presentará a revista conmemorativa dos 30 anos de Xeiras Micolóxicas. O acto contará coa presentación do periodista Alejandro Mínguez, divulgador micolóxico desde hai anos e coa intervención... Seguir lendo →
A Confederación Hidrográfica abre dous novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen autorización
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido estes días novas comunicacións da Confederación, dando conta da apertura de novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea. Estes expedientes súmanse aos outros moitos que xa abriu a administración central... Seguir lendo →
A Confederación Hidrográfica sanciona oa Concello de Ponteares con 314.000 Euros por verquidos continuados ao Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de recibir comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se informa da imposición dunha multa de 314000€, concretamente 275.000,00€ de multa polo verquido de augas residuais sen depurar ao cauce do río Tea na mal denominada depuradora municipal e outros 39191,04€ en concepto de indemnización polos danos producidos no dominio... Seguir lendo →
Os problemas de depuración que afectan ao río Tea en Ponteareas chegan ao Parlamento Galego
A problemática na depuración de augas residuais existente en Ponteareas e o seu impacto no espazo protexido río Tea acaban de chegar ao debate do Parlamento Galego. Deste xeito, esta semana os deputados Marcos Cal e Antón Sánchez formularon unha pregunta perante a Mesa do Parlamento Galego na que se interesan sobre os impactos derivados... Seguir lendo →
Parlamentarios galegos e europeos visitan Ponteareas para coñecer a problemática ambiental do río Tea
O Grupo Ecoloxista acompañou este mércores a Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e a Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, durante a súa visita a diferentes puntos do río Tea onde nos últimos tempos se realizaron unha serie de obras, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron... Seguir lendo →