Despois de trinta anos ininterrumpidos ADENCO suspende todas as actividades das súas Xeiras Micolóxicas

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegarían este ano á súa trixésima primeira edición, realizándose de maneira ininterrompida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas á sociedade, dirixidas a nenos e adultos, co propósito de descubrir o reino dos fungos, que aínda hoxe esconde segredos destacables.

O Grupo Ecoloxista Adenco, porén, decidiu suspender todos os actos previstos das Xeiras Micolóxicas do ano 2020 por causa da pandemia derivada da COVID-19. Como xa lle comunicou aos seus socios, a situación sanitaria que atravesamos, as recomendacións que recibimos das autoridades fannos tomar esta decisión, que consideramos a mellor. Vivimos momentos nos que as prioridades teñen que ser, necesariamente, outras. Non parece o mellor momento para xuntarnos, para estar en espazos pechados falando de cogomelos, pese a ser algo que nos apaixona.

Sabemos que volveremos, pero temos que esperar

En todo caso, desde o Grupo Ecoloxista ADENCO, como sempre fixemos, recomendamos precaución e moita cautela na recollida de cogomelos para consumo, ademais de respetar a lexislación vixente no tocante á cantidade máxima permitida e ao xeito de facelo e de trasnportar o que apañemos. Estamos diante dunha biodiversidade que vai do microscópico ao estrambótico, pero coa particularidade de que os erros poden pagarse moi caros. Se temos a máis mínima dúbida non debemos consumir ningún cogomelo. Agardemos que o vindeiro ano poidamos facer unha actividade que festexe outro tempo, outra década e outra relación da sociedade actual co Medio.

Saúde, agora e sempre

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s