VIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: Natureza Viaxeira

Chegamos xa á 8ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o VIII CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Este ano, baixo o título “Natureza Viaxeira“, o G.N.Hábitat quere poñer en valor a aquelas especies viaxeiras, ás que veñen dende moi lonxe a visitarnos todos os anos en primavera para críar ou a pasar o inverno, e as que están con nós todo o ano, pero que non teñen unha capacidade de dispersión moi grande e recurren a impresionantes estratexias para dispersarse e aumentar as súas poboacións, como por exemplo, plantas que empregan ós animais ou ó vento para a dispersión das sementes.

Coa posta en marcha desta iniciativa preténdese implicar á xente no contacto coa súa contorna, a través do debuxo da flora, fauna e xea presente no espazo natural protexido do encoro de Cecebre [integrado na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo] e as cuncas dos ríos Mero e Barcés, co gallo de consolidar na cidadanía unha corrente de interese polo coñecemento e preocupación pola conservación do Patrimonio Natural.

A inscrición é de balde e aberta á cidadanía, non sendo preciso ter aptitudes nin coñecementos en ilustración para poder participar, tan só as ganas de gozar da natureza a través do debuxo. 

Haberá dúas categorías diferentes (menores e maiores de 14 anos) e premios en todas elas para as obras máis salientables. Así mesmo, de entre as obras achegadas seleccionaranse aquelas que pasarán a ilustrar o Calendario 2021 da nosa entidade.

O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos rematará o 30 de xuño de 2020 (prazo ampliado ata o 6 de novembro!)

Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido no documento das Bases Reguladoras (dende as cales se da acceso ao formulario de inscrición online), dispoñibles na seguinte ligazón: Bases Reguladoras do Certame

Así mesmo, podes descargar o cartel do VIII certame de debuxo na seguinte ligazón, e animar a compañeiros e amigos a participar! Descarga do cartel

Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!

* Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, visita a seguinte ligazón: novas do certame na nosa web.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s