O Grupo Ecoloxista ADENCO pon en marcha unha revista cultural

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén tirar do prélo unha nova publicación, concretamente unha revista cultural que pretende pór en valor o patrimonio da nosa comarca. A revista, en formato físico e electrónico, con versión extendida nas redes sociais, onde se ampliará o contido de cada número, tirando do fío de cada historia, estará a disposición da cidadanía a partir deste fin de semana.

Na nova situación que nos toca atravesar, afondar máis sosegadamente na nosa relación co medio, coas nosas costumes e tradicións, parece lóxico e necesario. No máis duro da pandemia o apoio mútuo, a axuda colectiva e de proximidade, foron fundamentais. E para nós continuarán a ser.

Así, “A Festa non pode parar” é un guiño a algo que nos une: a festa, o torreiro, a banda, a orquestra, a muiñeira, a unión de cada un dos nosos núcleos poboacionais en determinados momentos do ano. A revista, aberta á colaboración da cidadanía, terá unha periodicidade trimestral no seu formato físico, abordando cuestións relativas á emigración, á recuperación do arquivo fotográfico da veciñanza e das historias de vida das nosas veciñas e veciños.

 En todo caso, loxicamente, e na medida das posibilidades do Grupo Ecoloxista ADENCO, nas próximas semanas seguirase, logo deste período tan longo, coa realización de actividades ao aire libre en contacto directo coa natureza, ademais do traballo propio do colectivo a nivel interno, traballando a prol da conservación do Medio Ambiente, como sempre, creando sinerxias, abrindo portas, achegando as nosas posturas e buscando solucións. Non queda outra opción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s