ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas

O Grupo Ecoloxista ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas, unha actividade didáctica en torno ao mundo dos cogomelos, que se ven realizando en Mondariz Balneario desde 1990 e que este ano, logo da pandemia, chegan á súa XXXI edición.

As actividades micolóxicas que se proxectan son roteiros micolóxicos pola vila e unha exposición micolóxica. Ademais, haberá actividades paralelas, como unha exposición sobre os morcegos de Galicia e unha visita guiada á vila balnearia.

ROTEIROS MICOLÓXICOS E EXPOSICIÓN

As actividades comezan o sábado pola mañá, con dous roteiros micolóxicos polos montes da contorna, no que os guías de cada grupo darán as nocións básicas para introducirse no mundo da micoloxía con seguridade, pero, sobre todo, con respeto á biodiversidade fúnxica que temos. “O que se pretende é descubrir a riqueza micolóxica da zona, non de buscar cogomelos para consumir, e de descubrir cales son as súas funcións no monte”, indican desde ADENCO.

 O domingo, desde as 11h, nos soportais do Concello, poderase gozar dunha exposición micolóxica, coas especies recollidas no día anterior, debidamente identificadas.

EXPOSICIÓN SOBRE OS MORCEGOS DE GALICIA

Tamén contaremos, o domingo pola mañá, cunha exposición sobre os morcegos de Galicia, cedida pola asociación Morcegos de Galicia, coa que colabora o grupo ecoloxista Adenco na actualización do atlas galego destes mamíferos.

VISITA GUIADA A MONDARIZ BALNEARIO

O sábado pola tarde, a partir das 17h, realizarase un roteiro guiado pola vila balnearia, onde desubriremos os segredos que aínda garda o que foi lugar de visita obrigada na primeira metade do século vinte.

Para participar nos roteiros micolóxicos e na visita guiada, de xeito gratuíto, é preciso apuntarse, enviando un correo electrónico a adencotea@yahoo.es

Desde o Grupo Ecoloxista ADENCO queremos agradecer a colaboración do Concello de Mondariz Balneario, que desde hai máis de trinta anos se brinda a abrirnos as portas da institución para desenvolver estas actividades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s