A Confederación Hidrográfica abre dous novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen autorización

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido estes días novas comunicacións da Confederación, dando conta da apertura de novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea. Estes expedientes súmanse aos outros moitos que xa abriu a administración central contra o Concello e que teñen provocado importantes sancións contra a administración local, que acaba pagando toda a veciñanza pola nula xestión este problema.

A licitación da Confederación para a mellora do saneamento recoñece a case imposibilidade da ampliación da depuradora

O proceso de licitación realizado pola Confederación para a mellora do saneamento do concello de Ponteareas, e que se anuncia como panacea, recoñece que as posibilidades de ampliación da depuradora son practicamente inexistentes. É o prego de prescricións técnicas o que sinala esta circunstancia dada a localización da actual depuradora, lindando co dominio público hidráulico.No mesmo documento faise mención a que os caudais que chegan á depuradora con tempo seco son en moitas ocasións desproporcionados e sobrepasan a capacidade da depuradora.

ADENCO considera necesario a solución dos problemas ambientais do río Tea

Desde o colectivo ecoloxista seguiremos denunciando esta situación e, máis alá de sancións económicas, que pagamos todas, seguiremos insistindo na procura de solucións reais e rápidas a todos os problemas cos que conta o río Tea. O espazo protexido, que conta cunha grande riqueza en fauna e flora non pode continuar padecendo as agresións derivadas das actuacións das propias administracións públicas.

Nese senso, desde ADENCO propón retomar a creación dunha mesa para atallar o problema das augas residuais da conca do río Tea, que o colectivo formulou hai tempo e que non tivo resposta por parte da administración. Só co traballo conxunto da sociedade civil, que está empuxando ás diferentes administracións a cumprir a legalidade vixente, poderemos solucionar este grave problema. Pero a decisión, nestes momentos é do goberno local. Son os responsables.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s