ADENCO felicita ao Concello de Ponteareas pola súa intención de construír unha nova depuradora,como sempre defendeu o colectivo

O Grupo Ecoloxista ADENCO quere felicitar ao goberno municipal, que leva seis anos á fronte do Concello de Ponteareas, logo do anuncio (un máis) en relación á construción dunha nova depuradora en Moreira, augas abaixo da actual. Recordamos que xa se prometeu anteriormente o saneamento de Ribadetea, que continúa tamén á espera, ao tempo que a ampliación da actual depuradora tampouco coñece de prazos.

Segundo a nota de prensa, o Grupo Ecoloxista ADENCO solicitou copia da seguinte documentación:

 1.- Plan director de saneamento, que se orzamenta en 40 millóns de euros para dar servizo a 8000 persoas. Recordemos que segundo o goberno municipal o proxecto para reformar a actual depuradora por 75000€ e cun coste total de 14 millóns de euros, proxecto que estamos pendentes de coñecer.

2.- Coñecer o contrato que, segundo o anuncio do goberno, foi comunicado. Hoxe non consta na Plataforma de contratación do Concello nin na sede electrónica. Igual está escondido.

Desde Adenco manifestamos a necesidade de avanzar con urxencia na depuración das augas residuais da veciñanza do Concello de Ponteareas, por ser unha obriga da administración local, por ser preciso para o mantemento do hábitat do río Tea e para porlle freo a un problema histórico que desde ADENCO sempre denunciamos.

Ademais, os ecoloxistas recalcan a necesidade de contar coa participación activa da cidadanía en proxectos que afectan á súa vida e propiedades. Así, tamén debería pensarse no saneamento da parroquia de Nogueira, augas abaixo de Moreira, que debería contar cun sistema de bombeo.

Así, non seria máis lóxico ubicar a depuradora en Nogueira? Como demandamos hai tempo, desde Adenco solicitaremos a convocatoria do Consello Municipal do Medio Ambiente para abordar este e outros temas relevantes e darlle voz á cidadanía implicada nesta cuestión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s