A Confederación Hidrográfica sanciona oa Concello de Ponteares con 314.000 Euros por verquidos continuados ao Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de recibir comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se informa da imposición dunha multa de 314000€, concretamente 275.000,00€ de multa polo verquido de augas residuais sen depurar ao cauce do río Tea na mal denominada depuradora municipal e outros 39191,04€ en concepto de indemnización polos danos producidos no dominio…

O Concello de Ponteareas perde poboación por oitavo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, unha vez máis, en dúbida

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 39 persoas menos no ano 2018 (no 2017 foron 70), o que supón o oitavo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO…

Nova multa da Confederación ao concello de Ponteareas por verquidos no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por verquido directo ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas…

ADENCO presenta as actividades das XXIX Xeiras Micolóxicas do Condado

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa  vixésimo novena edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo no ano 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades…

A Confederación propón unha multa de 26.000 euros ao Concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación da proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora ao espazo protexido río Tea, denunciados no seu momento pola entidade ecoloxista do Condado e que supuxeron a apertura dun expediente sancionador ao concello. Na resolución, a Confederación constata a realización…

ADENCO denuncia en Europa os verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten trasladado nos últimos meses a diferentes entidades diversa información e documentación en relación cos verquidos da depuradora municipal ao río Tea, espazo protexido inserido na Rede Natura. Froito deste traballo, esta semana a eurodeputada Lidia Senra ten rexistrado un escrito instando á Comisión Europea a emprender as accións necesarias para…

A Confederación Hidrográfica multa novamente ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido fai uns días notificación da nova sanción imposta ao Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello…

ADENCO considera positivo que se atendan as súas demandas e se fagan actuacións para evitar os verquidos no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO considera positivo o recente anuncio da realización de actuacións por parte da Confederación Hidrografica Miño Sil para a mellora do saneamento do casco urbano de Ponteareas e a depuradora do concello na Moscadeira. Desde o Grupo Ecoloxista vaise estudar o proceso de licitación anunciado pola entidade hidrográfica e a seguir controlando…