ADENCO denuncia en Europa os verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

All-focusO Grupo Ecoloxista ADENCO ten trasladado nos últimos meses a diferentes entidades diversa información e documentación en relación cos verquidos da depuradora municipal ao río Tea, espazo protexido inserido na Rede Natura. Froito deste traballo, esta semana a eurodeputada Lidia Senra ten rexistrado un escrito instando á Comisión Europea a emprender as accións necesarias para que deixe de danarse dunha vez esta zona Rede Natura 2000. No seu escrito a europarlamentaria insta á Comisión a ver as terribles imaxes gravadas en vídeo hai uns meses polo grupo ecoloxista ADENCO que tiveron miles de visualizacións. No mesmo senso, no escrito lémbrase que esta situación súmase á xa acontecida no ano 2013, cando xa lle impuxo ao concello unha multa que ascendía a 84.000 euros por vertidos semellantes e tamén que xa fai unha década desde que a Comisión Europea levou a cabo un procedemento de infracción contra o Estado español por non cumprir a Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas en Ponteareas.

Este é un paso máis dentro das actuacións realizadas polo Grupo Ecoloxista ADENCO que ten denunciado en diversas ocasións os constantes verquidos ao Tea. Estas denuncias teñen motivado a apertura de dilixencias de investigación en dous expedientes abertos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O río Tea non pode agardar máis tempo por unha solución

O río Tea, espazo natural de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores dentro da Rede Natura 2000, sofre desde hai anos continuos ataques, de maior ou menor relevancia. Non é, polo tanto, unha cuestión puntual. E neste caso, existe unha circunstancia agravante, xa que o verquido xurde directamente desde a propia depuradora do Concello de Ponteareas e se ten repetido en varias ocasións nos últimos meses.

Adenco leva anos achegando á cidadanía a importancia do río Tea, a todos os niveis e dentro das posibilidades dunha asociación sen ánimo de lucro e con recursos, humanos e económicos, limitados. Así, foron, e tristemente son, constantes as denuncias por talas sen control, verquidos industriais ou fecais, construcións agresivas nas beiras como as sendas fluviais ou a destrución de elementos patrimoniais á beira do Tea. Desde o Grupo Ecoloxista agárdase que non se volvan repetir feitos como os acontecidos estes meses.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s