ADENCO presenta as actividades das XXIX Xeiras Micolóxicas do Condado

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa  vixésimo novena edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo no ano 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas á sociedade, dirixidas a nenos e adultos, co propósito de descubrir o reino dos fungos, que aínda hoxe esconde segredos destacables.

O Grupo Ecoloxista Adenco desenvolve, como vén sendo habitual, no último fin de semana de outubro, varias actividades no Concello de Mondariz Balneario, epicentro histórico no mundo da micoloxía no sur de Galicia. Así, as persoas interesadas, poderán participar nun roteiro micolóxico guiado polos montes do concello, asistir a unha conferencia sobre o mundo das cantarelas e ver e aprender cunha exposición de cogomelos durante os próximos 27 e 28 de outubro

Desde Adenco intentamos continuar cun traballo xa con matices de actividade histórica, con case tres décadas de existencia, pero sen perder o obxetivo de difundir o valor dos cogomelos dentro do noso ecosistema, dando a coñecer as diferentes especies e a súa función no noso monte.

ACTIVIDADES MICOLÓXICAS EN MONDARIZ BALNEARIO

Como sempre, a última fin de semana de outubro é o punto de comezo das actividades. E como sempre é o Concello de Mondariz Balneario donde comezamos. O sábado, ás 10:30h, desde o Concello, sairemos ao monte a recoller diferentes especies e coñecer as súas funcións no monte. Pola tarde, desde as 19:30h, no auditorio do Concello, contaremos coa presenza de Jaime Blanco Dios, micólogo de recoñecido prestixio, que abordará no seu relatorio o mundo das cantarelas, sempre de grande interese entre o público. O domingo pola mañá, entre as 11h e as 14h, exporanse as diferentes especies recollidas nos montes da Comarca nos soportais do Concello.

As actividades son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de apuntarse previamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s