Os problemas de depuración que afectan ao río Tea en Ponteareas chegan ao Parlamento Galego

A problemática na depuración de augas residuais existente en Ponteareas e o seu impacto no espazo protexido río Tea acaban de chegar ao debate do Parlamento Galego. Deste xeito, esta semana os deputados Marcos Cal e Antón Sánchez formularon unha pregunta perante a Mesa do Parlamento Galego na que se interesan sobre os impactos derivados dos verquidos na fauna do río e en todo o relativo ás actuacións previstas para solucionar esta problemática que afecta gravemente ao Tea.

Esta pregunta ven derivada das actuacións de ADENCO que motivaron a recente visita de Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e de Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, a diferentes puntos do río Tea para ver os impactos das sendas fluviais e a problemática da denominada depuradora de Ponteareas

Novos expedientes sancionadores por parte da Confederación Hidrográfica

Por outra banda, nas últimas semanas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil comunicáballe a ADENCO o inicio dun novo expediente sancionador ao vulnerar o Concello de Ponteareas as condicións estipuladas na autorización de verquido, polo que non queda máis que esperar novas sancións, que veñen a confirmar a falta de previsión do goberno á hora de buscar solucións efectivas e urxentes a un problema grave que non pode esperar máis. Este novo expediente vaise sumar ao numeroso conxunto de multas derivadas de actuacións das administracións municipais do Condado no Tea que se teñen producido nos últimos anos.

Desde o Grupo Ecoloxista, continuaremos, por unha banda, denunciando as actuacións que están a danar o río Tea, tal e como levamos facendo desde o noso nacemento, e, por outra, desenvolvendo tarefas e actuacións a prol do río, do Medio Ambiente, e da recuperación, protección e naturalización do espazo protexido máis senlleiro do Condado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s