Plantación de especies repícolas nas marxes do río Gafos

DÍA : SÁBADO 16 DE FEBREIRO DO 2019, HORA: 10H

PUNTO DE ENCONTRO: ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE PONTEVEDRA

MAIS INFORMACIÓN: 676842942 VAIPOLORÍO

COLABORAN: VOZ NATURA E A FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE

O RÍO GAFOS E A RECUPERACIÓN DO BOSQUE RIPÍCOLA

Este bosque é o que se instala ao longo do río, que nalgúns puntos chega a ser bosque galería, ao engarzarse as polas das dúas marxes do río.

Este é un tipo de bosque lonxitudinal, podendo cubrir os aproximadamente 10 km do río, cunha anchura de 10 metros a cada beira, seguindo ao río no seu percorrido como se se tratara dunha serpe verde vista dende as alturas.

Este bosque ripícola formado por amieiros, carballos, salgueiros, freixos, abeleiras, loureiros, sabugueiros entre outros, ás veces fraquea nalgúns puntos onde plantas invasoras( falsa acacia,tradescantia,herba da pampa…), algunhas escapadas de cultivos, colonizaron o espazo e desprazaron ás autóctonas empobrecendo o ecosistema do río, pois non aportan as mesmas propiedades que permitían unha mellor biodiversidade.

Este proxecto trata de incidir neses puntos limpando e replantando o bosque autóctono para axudar a que non falte en todo o percorrido posible do río.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s