ADENCO denuncia un importante verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O pasado domingo tivo lugar outro terrible atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido vén derivada dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira. Ao ter coñecemento destes feitos, varios membros de ADENCO desprazáronse ao lugar e, vista a situación, decidiron interpor... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica multa ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido esta semana notificación da sanción imposta aos Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello de Ponteareas,... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador a Unión Fenosa por actuacións no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura dun novo expediente sancionador vinculado con actuacións no río Tea. Nesta ocasión, despois da denuncia de ADENCO, a  Confederación Hidrográfica Miño-Sil decidiu a apertura dun expediente sancionador a Unión Fenosa por incumprimento das condicións que tiña autorizadas na poda e corta de vexetación para o mantemento... Seguir lendo →

ADENCO vai ate o Parlamento Europeo para denunciar os impactos das sendas fluviais no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO estivo esta semana no Parlamento Europeo denunciando perante eurodiputados os importantes impactos económicos e ambientais derivados da mala utilización de fondos europeos no espazo protexido ZEC Río Tea. Nesta visita, á que ADENCO foi convidado por Compromiso por Galicia, presentouse o conflito ambiental existente desde o ano 2013. Os membros do... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica Miño Sil abre un novo expediente sancionador ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea

Os procesos derivados das actuacións na beira do río Tea continúan. Nesta ocasión, a partir da denuncia do Grupo Ecoloxista ADENCO, a Confederación Hidrográfica decide abrir un novo expediente sancionador ao concello de Ponteareas por obras sen autorización administrativa da Confederación consistentes na apertura dun camiño na zona de policía xunto ao Castro da Croa.... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑