A Confederación Hidrográfica multa a Unión Fenosa por talas non autorizadas nas beiras do Tea e por danos ao dominio público hidráulico.

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre a resolución do expediente iniciado hai uns meses contra Unión Fenosa por danos nas beiras do río Tea en Ponteareas. Concretamente, a raíz dunha denuncia do colectivo ambientalista, a Confederación iniciou un expediente sancionador contra a multinacional eléctrica, por danos no dominio público hidráulico, concretamente por realizar podas e talas non autorizadas, alterando a vexetación protexida da ribeira e realizar labores mecánicas no propio cauce do río, mesmo atravesándoo dunha beira a outra cun tractor ou semellante. Nestas accións de mantemento da liña de alta tensión que atravesa o Tea en Ponteareas cortáronse máis de vinte amieiros, salgueiros e carballos nunha zona de especial protección da natureza, dentro da Rede Natura 2000.

A denuncia, despois do trámite legalmente previsto, concluiu cunha multa de 7200,00€ e 360€ de indemnización polos danos realizados. Ademais, a Confederación dálle a Unión Fenosa quince días para retirar, como debería ter feito xa no seu día, os resto de tala e poda.

A desidia da administración Para o colectivo ecoloxista o que resulta máis sorprendente é a desidia e inacción da administración. Nin o concello (cunha concellaría de Medio Ambiente desaparecida en toda a lexislatura) nin a Xunta (pese a ter nas inmediacións edificios públicos con funcionariado destinado á conservación do espazo) fixeron ningunha denuncia dos feitos. Parece absolutamente inconcebible que un pequeno colectivo sen ánimo de lucro e con recursos limitados teña que denunciar o que todos ven, facendo deixación das súas funcións e facendo recaer na cidadanía competencias que non lle son propias. En todo caso, desde o colectivo ecoloxista seguirán a denunciarse accións que poñan en risco a conservación do espazo, como novas sendas ás beiras do río, talas, podas, arranxos de infraestruturas ou calquera outra acción, provomovida por entidades públicas ou privadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s