A APDR denuncia de novo a campaña de lavado de imaxe de ENCE

Dous feitos recentes móvennos a expresar de novo publicamente o noso rexeitamento á campaña de lavado de imaxe que ENCE, empresa responsábel en grande medida da contaminación da ría e da eucaliptización do país, vén desenvolvendo con ánimos renovados nos últimos tempos, unha política que nunca ten abandonado e que basea na compra de vontades entre os colectivos sociais con dificultades económicas.

Por unha banda, a exposición “Patrimonio da nosa ría”, organizada pola Asociación de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas e patrocinada por Ence; resulta especialmente grave que esta empresa patrocine unha exposición na que se reivindica unha Ría que perdeu os seus principais valores ambientais, culturais e patrimoniais, trala súa instalación en Lourizán.

Por outra, a participación no desfile do carnaval de Pontevedra da comparsa “Os 100tolos” con publicidade de Ence, facendo do desfile un instrumento de propaganda da pasteira, algo que non debería estar permitido nun evento como este. Neste sentido, chamamos a atención ao Concello de Pontevedra para que modifique as bases do entroido e impida que se poidan repetir situacións coma esta no futuro.

Se Ence pensa que repartindo esmolas a colectivos, vai mellorar a súa imaxe ou vai conseguir ocultar as consecuencias negativas derivadas da súa presenza na Ría, debería ir tirando a toalla. Nin van poder comprar a todo o mundo (como demostramos o ano pasado as mais de 100 entidades que rexeitamos participar na súa subasta), nin van conseguir verdadeiros convencidos entre os grupos que acepten os seus suxos cartos; agás no caso dos seus acólitos naturais, convencidos de antemán, trátase da aceptación cínica de diñeiro a cambio de calar a boca ante a desfeita evidente e de saír na foto cando lle sexa requirido. En todo caso, alá cada quen coa súa conciencia!

Desde a APDR reiteramos a nosa crítica a esta política de ENCE e o noso chamamento aos colectivos sociais para que non acepten subvencións ou patrocinios de Ence. A responsabilidade social e ambiental teñen que formar parte do ADN de calquera entidade que queira manter o rigor e a súa independencia, e non todo vale á hora de conseguir recursos.

Non colabores con Ence!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s