Perante a confirmación da contaminación por lindano en Ponteareas ADENCO esixe actuacións ao Concello e á Xunta

Esta semana o Concello de Ponteareas vén de confirmar a existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo.  Esta confirmación prodúcese mes e medio despois de que o Grupo Ecoloxista ADENCO presentara varios escritos ao concello de Ponteareas e ante a Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre estes posibles aterramentos con terras contaminadas por lindano (escritos que a día de hoxe continúan sen ter resposta).

A información veciñal indica que os aterramentos tiveron lugar no mes de setembro polo que desde o Grupo Ecoloxista móstrase sorpresa perante a falta de información por parte das administracións local e autonómica en todos estes meses. ADENCO pregúntase, entra outras cuestións, quen trouxo a terra contaminada a Xinzo? Con que permisos? Cales foron as actuacións do Concello e da Xunta nestes meses? Que posibles responsabilidades existen? Houbo máis aterramentos con lindano noutras parroquias de Ponteareas?

ADENCO lémbralle que ao Concello que ten as competencias en salubridade pública que lle concede o marco lexislativo e que debe garantir a saúde da veciñanza e realizar cantas actuacións sexan necesarias.

ADENCO solicita á Valedora do Pobo que se implique nesta problemática

Ante a falta de información e a situación de incerteza existente pola poboación do concello ADENCO ten solicitado á Valedora do Pobo que se implique nesta problemática para procurar información e solucións concretas.

Certamente, perante a perigosidade para a saúde coa que conta o elemento sinalado e a situación de incertidume que existe actualmente en varias parroquias de Ponteareas, o Grupo Ecoloxista agarda que Concello e a Xunta asuman as súas responsabilidades e tomen as medidas necesarias para solucionar a contaminación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s