Día Mundial dos Humidais: os humidais urbanos son terreos valiosos, non baldíos

A metade da humanidade vive en áreas urbanas. Esa proporción chegará 66% en 2050 cando máis persoas cheguen ás cidades en busca de mellores empregos e unha vida social activa. As cidades xeran preto do 80% da produción económica mundial. A expansión das cidades e o aumento da demanda de terra trae consigo presións para os humidais, que se degradan, rechean e usan como terra para a construción. Porén, as zonas húmidas urbanas que permanecen intactas ou son restauradas contribúen a que as cidades sexan máis habitábeis.

Reducen enchentes
Os humidais poden actuar como esponxas xigantes para absorber a auga das enchentes: ríos, charcas, lagos e xunqueiras absorben e almacenan abundantes choivas. Nas cidades costeiras, marismas e mangleiros constitúen un amortecedor contra as mareas de tempestade.

Proporcionan auga potábel
Os acuíferos subterráneos, as augas pluviais e os ríos son a fonte de case toda a auga potábel. Os humidais poden filtrar a auga que entra nos acuíferos e axudan a recargalos. A protección dos ríos e a redución de escorrentía nociva tamén pode contribuír a protexer as reservas de auga.

Filtran os residuos e melloran a calidade da auga
O chan rico en sedimento e a abundante vexetación das zonas húmidas poden funcionar como filtros de auga ao absorber importantes cantidades de toxinas, pesticidas agrícolas e residuos industriais. Os humidais urbanos poden contribuír ao tratamento das augas residuais das casas.

Melloran a calidade do aire nas cidades
Os humidais producen aire húmido debido aos seus altos níveis de auga e a súa abundante vexetación. Isto arrefría naturalmente o aire circundante, que é un alivio tanto para as cidades tropicais como nos climas onde o aire é extremadamente seco.

Promoven o benestar humano
Os humidais urbanos ben deseñados e conservados como as zonas verdes das cidades ofrecen espazos para recreación de persoas e acceso a unha diversidade de plantas e animais. Hai estudos que confirman que a interacción coa natureza reduce o estrés e mellora a saúde das persoas.

Son un modo de vida para as persoas
Moitos tipos de peixes desovan e reprodúcense nos humidais facéndoos moi apreciados pola pesca. As zonas húmidas proporcionan produtos valiosos para os habitantes locais, como canas e herbas para fabricar tecidos así como froitas e plantas e medicinais. Ademais, as zonas húmidas atraen ao turismo, outra importante fonte de emprego.

Galiza, suspenso en xestión dos humidais

Galicia é o territorio do Estado con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras, que ocupan máis de 7.600 hectáreas. Apesar desta diversidade e de que en 2007 a Xunta inventariou uns 1100 humidais, só cinco gozan de protección legal específica acollidos baixo o convenio Ramsar: as rías de Ribadeo e Ortigueira e a de Ribadeo, a lagoa de Valdoviño (Frouxeira), o Complexo Húmido de Corrubedo e o Complexo intermareal Umia-Ogrobe.

A xestión inadecuada destes ecosistemas unida ás nulas políticas de protección e recuperación, provocou en moitos casos o sangrado, entullado, desecamento e destrución dun bo número de humidais galegos. Lembramos a desaparición das lagoas de Pantín (Valdoviño) e Corme (Laxe), a degradación das turbeiras do Xistral ou da lagoa sacra de Olives (A Estrada) polos eólicos; ou a situación crítica das Gándaras de Budiño, no medio dun polígono industrial. Mesmo a Xunta chegou a aprobar un plano de conservación para o humidal da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional de Galiza, que bendicía o seu sangrado con bulldózeres, antepoñendo o coidado do paseo marítimo periodicamente asolagado ao equilibrio ecolóxico do humidal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s