ADENCO denuncia un importante verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O pasado domingo tivo lugar outro terrible atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido vén derivada dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira.

Ao ter coñecemento destes feitos, varios membros de ADENCO desprazáronse ao lugar e, vista a situación, decidiron interpor denuncia ante a Garda Civil. Ao lugar asistiron outros medios como a policía autonómica e a policía local de Ponteareas. Neste mesmo senso, o Colectivo ecoloxista enviou denuncia dos feitos a diferentes entidades entre as que se atopan a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Concello de Ponteareas.

O río Tea, espazo natural de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores dentro da Rede Natura 2000, sofre desde hai anos continuos ataques, de maior ou menor relevancia. Non é, polo tanto, unha cuestión puntual. Así, os informes da UE sobre a contaminación das praias ou os controis quincenais da Consellaría de Sanidade mostran que o problema é xa crónico. E neste caso, existe unha circunstancia agravante, xa que o verquido xurde directamente desde a propia depuradora do concello de Ponteareas.

Adenco leva anos achegando á cidadanía a importancia do río Tea, a todos os niveis e dentro das posibilidades dunha asociación sen ánimo de lucro e con recursos, humanos e económicos, limitados. Así, foron, e tristemente son, constantes as denuncias por talas sen control, verquidos industriais ou fecais, construcións agresivas nas beiras, como as sendas fluviais ou a destrución de elementos patrimoniais á beira do Tea. Desde o Grupo Ecoloxista agárdase que non se volte repetir unha circunstancia como a que tivo lugar este pasado domingo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s