A APDR organiza un debate sobre o monte galego

Logo da vaga de lumes do pasado mes de outubro, que afectou de maneira particular aos montes das provincias de Ourense e Pontevedra e que se saldou cun lamentábel balanzo final de 4 persoas mortas, multitude de persoas afectadas nas súas propiedades, e unhas 49.000 Has de monte calcinadas, chega o momento de reflexionar; de reflexionar sobre as causas desta lacra que se vén repetindo sistematicamente no país desde hai xa demasiado tempo e, tamén, sobre a situación dos nosos montes e as súas potencialidades. Pero é tempo tamén de buscar solucións ao problema, de poñerse a traballar para que esta situación non se volva repetir, asumindo cada quen a parte de responsabilidade que lle corresponda.

Esta necesidade, lévanos á “Asociación Pola defensa da Ría” de Pontevedra (APDR) a organizar un debate sobre o monte galego, un debate co que contribuír a sensibilizar á sociedade sobre a realidade dos nosos montes, sobre a problemática dos lumes forestais e na busca de solucións.

No amentado debate, que terá lugar o próximo MÉRCORES 29 ás 20:30 horas no TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra, participarán o Enxeñeiro de Montes Jesús de la Fuente, que abordará os aspectos sociais e medio ambientais do problema dos lumes, e Gonzalo Rodríguez, Profesor de Economía Aplicada da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, que incidirá na realidade económica da explotación dos nosos montes, de forma particular sobre a economía do cultivo do eucalipto.

No convencemento de que o monte galego ten futuro se somos quen de deseñar políticas e estratexias que impidan -ou dificulten, cando menos- a proliferación de lumes forestais, se somos quen de asumir cada quen o papel que nos toca, desde a APDR, animámosvos a participar neste debate que, con seguridade, vai resultar esclarecedor e aportará argumentos que nos permitan desmontar algunha das ideas que veñen considerándose como verdades absolutas por unha boa parte da sociedade á hora de analizar este problema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s