A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais ao río Tea

All-focus

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio do expediente sancionador derivado dos verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea, logo das denuncias presentadas nas últimas semanas por este colectivo, nomeadamente logo do verquido do 12 de novembro do 2017.

As denuncias presentadas nas últimas semanas, con verquidos de augas residuais continuos, tanto a través do propio emisario da depuradora como a través do aliviadeiro, foron enviadas a Confederación Hidrográfica, á Xunta de Galicia e ao Concello de Ponteareas.

Sancións económicas cuantiosas

Tal e como denunciaba o actual alcalde de Ponteareas cando era portavoz do grupo municipal do BNG, as sancións que pode impor a Confederación Hidrográfica polos verquidos realizados poden ser moi elevadas. Así, en xullo do 2013, Represas denunciaba que a CHMS viña de imporlle ao Concello unha sanción de 84000€. Pasados case cinco anos desde entón, nada cambiou e a cidadanía continúa pagando a nefasta xestión da administración.

A ausencia e desidia da administración

Para o colectivo ecoloxista o que resulta máis sorprendente e inconcebible é que as denuncias presentadas ante a Xunta e ante o Concello de Ponteareas non tiveron resposta. Os feitos continúan a producirse e calquera que pase polo lugar pode observar, día si e día tamén, como os verquidos continúan, sen ningún tipo de control e ocasionando un dano severo nunha zona de especial protección da natureza incluída na Rede Natura 2000.

En todo caso, desde o colectivo ecoloxista seguiremos de cerca este tema e, máis alá de sancións económicas, que pagamos todas, buscaremos unha solución real e rápida ao problema. O Tea leva anos padecendo estes impactos derivados dun crecemento urbanístico desordenado coa complicidade dos políticos locais e galegos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s