Roteiro de Alerta Temperá de EEI no río Vea

ADEGA e o Proxecto Ríos, en colaboracion coa Asociación A Xesteira de A Estrada, convocan ao voluntariado a participar nun roteiro para a Alerta Temperá de especies exóticas invasoras na Ruta dos Muíños no río Vea, afluente do Ulla e que pertence ao ZEC Ulla-Deza. Será o sábado 10 de marzo.

A idea da actividade é coñecer este espazo e divulgar a problematica que as especies invasoras xeneran no medio fluvial, para logo intentar acometer algunha acción de voluntairado que redunde na súa conservación.

A Ruta dos Muíños é un proxecto da Asociación A Xesteira que naceu hai xa 5 anos co fin de recuperar e poñer en valor os muíños que se atopan no tramo final do río Vea, afluente do Ulla. Estes muíños foron empregados ata finais dos anos 80 polas veciñas e veciños da nosa parroquia e da veciña, San Miguel de Cora.

Outras accións complentarias serán a limpeza dos paneis interpretativos da ruta e a inspección das condicións ecolóxicas do rio aplicando a metodoloxía do Proxecto Ríos.

.

O programa provisional da actividade é:

10:30 Presentación e inicio do Roteiro
14:00 Xantar de campo
15:30 Continuación do Roteiro e actividades complementarias
18:00 Remate

Esta actividade é gratuíta.
Máis información e inscricións:
Paco Bañobre: 981 57 00 99 / 619 672 038
pacobanhobre@adega.gal

A actividade durará toda a mañá e parte da tarde. É preciso levar auga e comida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s