ADENCO denuncia un novo verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

Este pasado sábado tivo lugar outro atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido pertencente á Rede Natura vén derivada novamente dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira, ao curso fluvial.

Tras ser verificado o atentado ecolóxico in situ por varios membros de ADENCO, o Colectivo ecoloxista enviou denuncia destes feitos a diferentes entidades entre as que se atopan a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Concello de Ponteareas.

O Grupo Ecoloxista esixe ás autoridades competentes que se solucionen dunha vez estes vertidos da depuradora ao río Tea e se depuren responsabilidades. No mesmo senso, estuda realizar outra clase de actuacións e denuncias sobre estes atentados ecolóxicos.

O río Tea, espazo natural de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores dentro da Rede Natura 2000, sofre desde hai anos continuos ataques, de maior ou menor relevancia. Non é, polo tanto, unha cuestión puntual. E neste caso, existe unha circunstancia agravante, xa que o verquido xurde directamente desde a propia depuradora do Concello de Ponteareas e se ten repetido en varias ocasións nas últimas semanas.

Vídeo viral.- Na súa páxina do facebook, Adenco denunciaba na tarde do sábado os feitos, colgando un vídeo de corenta e cinco segundos que mostra o verquido saíndo da depuradora e chegando ao río. En 24 horas, máis de 125.000 persoas viron o vídeo, que foi compartido 2.000 veces, provocando reaccións adversas e esixindo responsabilidades aos políticos do Concello.

Adenco leva anos achegando á cidadanía a importancia do río Tea, a todos os niveis e dentro das posibilidades dunha asociación sen ánimo de lucro e con recursos, humanos e económicos, limitados. Así, foron, e tristemente son, constantes as denuncias por talas sen control, verquidos industriais ou fecais, construcións agresivas nas beiras como as sendas fluviais ou a destrución de elementos patrimoniais á beira do Tea. Desde o Grupo Ecoloxista agárdase que non se volte repetir unha circunstancia como a que tivo lugar este pasado sábado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s