ADENCO considera positivo que se atendan as súas demandas e se fagan actuacións para evitar os verquidos no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO considera positivo o recente anuncio da realización de actuacións por parte da Confederación Hidrografica Miño Sil para a mellora do saneamento do casco urbano de Ponteareas e a depuradora do concello na Moscadeira.

Desde o Grupo Ecoloxista vaise estudar o proceso de licitación anunciado pola entidade hidrográfica e a seguir controlando e denunciando os posibles verquidos no río Tea, espazo inserido dentro da rede de protección ambiental denominada Rede Natura.

Desde ADENCO lévase anos solicitando actuacións concretas para solucionar os problemas de verquidos que padece o río Tea e que se teñen agudizado nos últimos meses. Nese senso, o Colectivo considera positivo ver como a presión cidadá destes anos comeza a dar froitos e agarda que, máis aló de anuncios mediáticos, os problemas do Tea se solucionen o antes posible.

Apertura de expedientes sancionadores

As denuncias por parte do Colectivo ecoloxista nos últimos meses propiciaron a recente apertura de dous expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais ao Tea. Un polos verquidos da depuradora e outro por verquido directo de augas residuais ao río Tea desde un pozo de bombeo da rede de saneamento municipal no lugar de A Freixa, en Ribadetea. Ademais destes dous expedientes sancionadores, ADENCO ten coñecemento da existencia de máis procedementos de investigación que poden rematar en novas sancións económicas derivadas da desidia e a mala praxe da administración local.

Desde o colectivo ecoloxista seguiremos de cerca este tema, estudando con detalle as actuacións comprometidas e solicitando aclaracións no tocante aos prazos e medidas concretas. No mesmo senso, e como levamos facendo desde fai anos, continuaremos denunciando calquera novo atentado ecolóxico contra o río Tea, o maior patrimonio ambiental co que conta o Condado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s