Nova multa da Confederación ao concello de Ponteareas por verquidos no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por verquido directo ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa.

Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas que se absteña de realizar calquera verquido sen dispor de autorización pois en caso de apertura de expediente sancionador poderá ser tida en consideración a continuidade na conducta infractora como agravante da responsabilidade.

ADENCO desprázase a Bruxelas demandando que se protexa o río Tea

Recentemente o Grupo Ecoloxista ten realizado diferentes xestións no Parlamento Europeo para avanzar na defensa do espazo protexido Río Tea. Así, o Colectivo reuniuse con varios eurodeputados informándoos das problemáticas existentes e demandando novas actuacións que permitan solucionar os verquidos e as outras agresións que padece o río Tea.

Outra multa máis vinculada coas actuacións municipais no Tea

Esta sanción ao concello de Ponteareas súmase a outras vinculadas co río Tea que se teñen imposto nos últimos anos á entidade municipal. Desde ADENCO lémbrase que as multas, que xa ascenden a ducias de miles de euros, págaas toda a veciñanza e que son froito da mala praxe municipal. A destrución de parte do castro da Croa, as afeccións ao cauce pola senda no Tea ou os constantes verquidos ao río poderían ter sido accións evitadas.

Adenco leva anos achegando á cidadanía a importancia do río Tea, a todos os niveis e dentro das posibilidades dunha asociación sen ánimo de lucro e con recursos, humanos e económicos, limitados. Así, foron, e tristemente son, constantes as denuncias por verquidos industriais ou fecais, construcións agresivas nas beiras, como as sendas fluviais ou a destrución de elementos patrimoniais á beira do Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s