ADENCO felicita ao Concello de Ponteareas pola súa decisión de non cortar as árbores da Praza de Bugallal

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu esta mañá contestación ao seu escrito de 8 de outubro, hai hoxe vinte días, no que se reclamaba copia do proxecto de reforma da praza de Bugallal e contestación expresa á situación das árbores que forman parte do imaxinario do pobo desde, polo menos, 1970.

Así, segundo se pode comprobar na resposta que xuntamos, o Alcalde indica que “non está prevista a tala ou desaparición das árbores existentes” e que “está previsto o levantamento, protección e replantación de sete árbores”.

Esta contestación contrasta, en todo caso, co proxecto da reforma, ou coa versión pública, se non sufriu modificacións nestes últimos días. Así, a día de hoxe na praza hai nove árbores, e non sete. Concretamente sete adelfas (Nerium oleander) e dúas buganvillas. Non sabemos que pasará con dúas das nove árbores.

Solicítase que se manteñan as árbores no seu lugar

En todo caso, desde o Grupo Ecoloxista ADENCO, solicitámoslle ao Concello que se manteñan as árbores no seu lugar. Someter a estes exemplares, de considerable idade, a un proceso traumático como é o trasplante ten riscos importantes para o seu futuro. Ademais, segundo o proxecto que coñecemos, no que non queda claro que se manteñan as árbores (pero confiamos na palabra do alcalde) a ubicación das árbores no seu lugar actual non sería impeditiva. É máis, contribuiría de xeito considerable a unir pasado e futuro respetando a natureza, algo que debería ser prioritario para a administración que xestiona un proxecto de cidade denominado “Hábitat saudable”.

Por último, desde Adenco, instan á administración a constituír sen demora o Consello Municipal do Medio Ambiente, como solicitamos a finais de agosto (sen resposta) para abordar proxectos como estes, que a cidadanía descoñece, suxerindo tamén unha mellora dos procesos participativos e de difusión dos proxectos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s