Novo pau xudicial para a Xunta e Greenalia: O TSXG paraliza cautelarmente o PE Bustelo

En apenas quince días, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de paralizar cautelarmente dous proxectos eólicos autorizados pola Xunta e promovidos por Greenalia, de cuxo Consello de Administración forma parte como Conselleira Executiva a ex-conselleira de Medio Ambiente no goberno de Núñez Feijóo, Beatriz Mato. A sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo…

Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza  (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía  (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…

Súmate á XI Limpeza Simultánea de Praias os días 14 e 15 de outubro

ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Foron chamados a participar nesta limpeza simultánea de praias e…

A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais….

ADEGA promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos… Foi por iniciativa de ADEGA que…

XV Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos Ríos

ADEGA Convoca para o Domingo 25-S a XV Limpeza Simultánea de Ríos Galegos O vindeiro domingo 25 de setembro, a organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos mobilizarán centos de voluntarios e voluntarias que se mollarán polos ríos e acudirán á XV edición da Limpeza Simultánea de Ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental…

ADEGA realizará o seu terceiro curso de mestría de compostaxe en Tomiño

A Asociación Ecoloxista ADEGA presentou en Tomiño o seu “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada”, que hoxe abre o seu prazo de inscrición que terá lugar neste concello desde o 3 ao 31 de outubro neste municipio. No acto de presentación estiveron María Amigo, coordinadora do curso, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Medio…

A Comisión Europea comprométese a estudar as denuncias presentadas por ADEGA polo incumprimento de varias directivas europeas na actual vaga eólica

ADEGA e a representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, reuníronse hoxe en Bruxelas co Xefe da unidade de Conservación da Natureza da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Nicola Notaro, e o seu equipo legal, para trasladar dúas denuncias e un completo informe xurídico sobre a evolución do desenvolvemento da enerxía eólica en…