Por iniciativa dunha socia temos un novo proxecto en marcha Viveiro en Rede co obxectivo de dispoñer de exemplares para as nosas plantacións coa a axuda de soci@s e colaborador@s. Se queres participar tes a información no seguinte cartaz.
Etiqueta: brexa
BREXA planta árbores autóctonos con alumnado de 4º de ESO do IES de Carral
O pasado 9 de febreiro realizamos unha actividade con alumnado do 4º curso de ESO do IES de Carral que xa participara o febreiro do ano pasado nunha plantación de cerdeiras no parque dos Capelos. Este ano traballaron na parcela do Muíño do Quenllo, nunha superficie duns 1000 m2. Plantáronse freixos, avelairas, ameneiros, pradairos, carballos…
XV Limpeza simultánea de ríos con BREXA (Asociación de Custodia do Territorio)
Outro ano máis participamos na xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo, 25 de setembro. Este ano traballaremos nunha zona do río Barcés ao seu paso polas parroquias de Paleo e Sarandóns. O obxectivo é gozar dunha xornada na natureza, coñecer a zona e retirar a máxima cantidade de lixo. Os participantes deberán traer…
XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
A Asociación BREXA participa, desde o ano 2018, nas campañas de Limpeza Simultánea de Ríos organizadas por Proxecto Ríos. Esta asociación tamén organiza anualmente un Encontro de Voluntariado e este ano decidiron celebralo en colaboración con nos. Os participantes farán un pequeno roteiro para coñecer os nosos proxectos. O programa da actividade vai ser:10:30 Encontro…