BREXA planta árbores autóctonos con alumnado de 4º de ESO do IES de Carral

O pasado 9 de febreiro realizamos unha actividade con alumnado do 4º curso de ESO do IES de Carral que xa participara o febreiro do ano pasado nunha plantación de cerdeiras no parque dos Capelos. Este ano traballaron na parcela do Muíño do Quenllo, nunha superficie duns 1000 m2. Plantáronse freixos, avelairas, ameneiros, pradairos, carballos e acivros que foron cedidas por un socio e proceden de plantas silvestres collidas na contorna.

Agradecemos ao alumnado a súa participación e destacamos o entusiasmo e iniciativa con que realizaron o traballo que supón un mellora importante no estado da parcela. O concello de Carral colaborou por medio das concellerías de Medio Ambiente e Educación e do Servizo de Protección Civil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s