Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa…
Etiqueta: FEG
A Xunta insinúa que unha das presas de residuos mineiros de San Finx era para moer millo
A rede ContraMINAcción considera “esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante na Xunta” que nun xiro inesperado, que a Dirección Xeral de minas insinúe agora que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50…
ContraMINAcción presenta unhas directrices internacionais para acabar cos desastres das presas de residuos mineiros
A rede de colectivos ContraMINAcción ven de lanzar xunto cun grupo internacional de 142 científicos, ONGs e grupos comunitarios de 24 países un documento de directrices internacionaispara o almacenamento seguro de residuos mineiros. As directrices pretenden protexer as comunidades locais, traballadores mineiros e o ambiente dos riscos que presentan millares de instalacións de almacenamento de…
As Organizacións Ecoloxistas Galegas propoñen ás distintas formacións políticas 12 medidas de cambio cara á sustentabilidade
A Federación Ecoloxista Galega (FEG), en representación das entidades ecoloxistas e naturalistas ADEGA, ADENCO, APDR, CES, MEL, Néboa, Papaventos, Vaipolorío,Verdegaia, e Amigos da Terra, aproveita esta significativa data do Día Mundial do Medio Ambiente para facer chegar as súas propostas de cambio na xestión pública cara un modelo máis ecolóxico e sustentábel ás formacións políticas…
Asociacións de toda Galicia lanzamos esta ALERTA AMBIENTAL
A XUNTA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 20201 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados…
ContraMINAcción celebra a sentencia en contra de Edgewater
Advirte que interesados noutros proxectos mineiros non deben subestimar a oposición cidadá aos proxectos mineiros en Galiza, que é o que en definitiva acabou co proxecto mineiro de Corcoesto. As mobilizacións masivas que catapultaron o fin do proxecto mineiro de ouro de Corcoesto culminaban o 2 de Xuño de 2013 nunha gran mobilización en Santiago de Compostela con presencia…
Os Plans 5g, criterios ambientais e de saúde. Pegada ecolóxica da economía dixital e crise eco-social global
As redes 5G xunto có Internet das cousas (IoT), o Big data, a Intelixencia Artificial, as smart cities, a robotización, … forman parte da denominada 4ª Revolución Industrial, avalada e impulsada polo “Foro Económico Mundial” (World Economic Forum) ou “Foro de Davos”, financiado polas sobre 1.000 corporacións multinacionais máis grandes do planeta. Esta Plataforma defensora…
A Xunta outorga unha “autorización” de vertidos encuberta á mina de San Finx
Catro anos despois de que a filial de Sacyr que se fixo coas concesións da histórica mina de San Finx se vira obrigada a solicitar permiso para o vertido as augas ácidas de mina, a Xunta outórgalle unha autorización encuberta baixo o eufemismo de “medidas cautelares” que ademais implica amparar a ocupación do cauce natural…
22 de febreiro – Hábitat sen lixo: Lagoa e Praia de Baldaio
“Hábitat sen lixo” é o nome baixo o cal o Grupo Naturalista Hábitat vai englobar as iniciativas que se fagan de retirada de residuos nos nosos espazos naturais. A primeira cita con esta actividade terá lugar na contorna da Lagoa e praia de Baldaio (Carballo), na que colaborarán os colectivos ecoloxistas ADEGA, Senda Nova e Ecoloxistas en Acción,…
A Xunta mentiu á ONU e ao Parlamento Europeo sobre a Mina de San Finx
ContraMINAcción revela os informes sobre as presas de residuos mineiros que a Dirección Xeral de Minas pretendía facer pasar por embalses hidroeléctricos O Director Xeral de Minas utilizou informes con datos falsos do catedrático da USC Felipe Macías para tentar ocultar a contaminación por metais pesados causada pola mina ContraMINAcción demanda aos colexios profesionais de…
ContraMINAcción celebra a vitoria da veciñanza de Touro na súa loita contra o proxecto de Atalaya Mining
En ContraMINAcción queremos mostrar hoxe, máis que nunca, a nosa solidariedade coa veciñanza de Touro e O Pino, e os nosos parabéns polo éxito acadado despois dunha loita de máis de dous anos. Cando, a finais de setembro do ano 2017, dende Contraminacción convocamos unha primeira xuntanza en Loxo, para informar sobre os riscos do…
Posta en marcha do proxecto VIRADA, unha importante iniciativa para a conservación dos cetáceos e a sustentabilidade da actividade pesqueira
A principal ameaza para a conservación dos cetáceos é a mortalidade por captura accidental en artes de pesca. La toniña desaparecerá das aguas ibéricas por esta causa antes de 20 anos. A CEMMA pon en marcha este proxecto, xunto coa OPPF-4, contando coa cofinanciación d FEMP a través da Fundación Biodiversidad. O traballo realizarase ao…