ContraMINAcción presenta unhas directrices internacionais para acabar cos desastres das presas de residuos mineiros

A rede de colectivos ContraMINAcción ven de lanzar xunto cun grupo internacional de 142 científicos, ONGs e grupos comunitarios de 24 países un documento de directrices internacionaispara o almacenamento seguro de residuos mineiros. As directrices pretenden protexer as comunidades locais, traballadores mineiros e o ambiente dos riscos que presentan millares de instalacións de almacenamento de... Seguir lendo →

As Organizacións Ecoloxistas Galegas propoñen ás distintas formacións políticas 12 medidas de cambio cara á sustentabilidade

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), en representación das entidades ecoloxistas e naturalistas ADEGA, ADENCO, APDR, CES, MEL, Néboa, Papaventos, Vaipolorío,Verdegaia, e Amigos da Terra, aproveita esta significativa data do Día Mundial do Medio Ambiente para facer chegar as  súas propostas de cambio na xestión pública cara un modelo máis ecolóxico e sustentábel ás formacións políticas... Seguir lendo →

Asociacións de toda Galicia lanzamos esta ALERTA AMBIENTAL

A XUNTA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 20201 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados... Seguir lendo →

ContraMINAcción celebra a sentencia en contra de Edgewater

Advirte que interesados noutros proxectos mineiros non deben subestimar a oposición cidadá aos proxectos mineiros en Galiza, que é o que en definitiva acabou co proxecto mineiro de Corcoesto. As mobilizacións masivas que catapultaron o fin do proxecto mineiro de ouro de Corcoesto culminaban o 2 de Xuño de 2013 nunha gran mobilización en Santiago de Compostela con presencia... Seguir lendo →

Os Plans 5g, criterios ambientais e de saúde. Pegada ecolóxica da economía dixital e crise eco-social global

As redes 5G xunto có Internet das cousas (IoT), o Big data, a Intelixencia Artificial, as smart cities, a robotización, ...  forman parte da denominada 4ª Revolución Industrial, avalada e impulsada polo “Foro Económico Mundial” (World Economic Forum) ou “Foro de Davos”, financiado polas sobre 1.000 corporacións multinacionais máis grandes do planeta. Esta Plataforma defensora... Seguir lendo →

Posta en marcha do proxecto VIRADA, unha importante iniciativa para a conservación dos cetáceos e a sustentabilidade da actividade pesqueira

A principal ameaza para a conservación dos cetáceos é a mortalidade por captura accidental en artes de pesca. La toniña desaparecerá das aguas ibéricas por esta causa antes de 20 anos. A CEMMA pon en marcha este proxecto, xunto coa OPPF-4, contando coa cofinanciación d FEMP a través da Fundación Biodiversidad. O traballo realizarase ao... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑