· O proxecto, denominado Parque Eólico de Prada e que se atopa na fase de consultas, pretende instalar aeroxeradores no entorno dos Montes de Pena Trevinca e do Macizo Central Galego. · A Federación Ecoloxista Galega alerta dos graves impactos que a posible construción deste parque eólico provocaría nunha zona de tan alto valor ambiental... Seguir lendo →
Manifesto por un Monte Galego con Futuro e contra o Plan Forestal do PP
As organizacións abaixo asinantes rexeitamos na súa integridade a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tanto a versión exposta a información pública (2018) como a presentada actualmente (2021) no Consello Forestal de Galiza, con vistas a ser aprobado no primeiro trimestre de ano. Así mesmo, solicitamos a súa anulación e a elaboración dunha nova... Seguir lendo →
21 de Marzo. Convocadas 22 mobilizacións a prol da paralización do Plan Forestal e Por un Monte Galego con Futuro
A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que fai parte a FEG, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas, unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada... Seguir lendo →
Demandamos á Xunta que concrete o paquete de medidas para levar a cabo a moratoria do eucalipto
Tras do anuncio da Xunta de Galicia dunha moratoria para a plantación de eucaliptos a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro”(*) alégrase de que por fin o Goberno Galego recoñeza o grave problema económico e ambiental que ten Galiza polo monocultivo do eucalipto. A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” denuncia que a... Seguir lendo →
A FEG alerta sobre a proposición de Lei da Recuperación da Terra Agraria
A FEG ven de informar ante o Consello Forestal das ameazas desta proposta de lei, que ainda tratándose dun tema tan importante en Galiza coma é a conservación das terras de cultivo, só contou cun precipitado período de consulta e eleva as contradicións até o dereito á propiedade establecido na Constitución Española.
Asamblea anual da Federación Ecoloxisata Galega
A Federación Ecoloxista Galega, FEG, engloba 11 colectivos tanto locais e comarcais como nacionais.A Asemblea anual celebrada durante o mes de xaneiro de 2021 aprobou renovar a súa Coordinadora, dar un pulo á Federación como punto de encontro do ecoloxismo galego, incorporar novos grupos e apoiar e realizar campañas e accións relacionadas tanto cos problemas... Seguir lendo →
O Parlamento Federal Alemán investiga a Mina de Santa Comba
O Secretario de Estado do Ministerio da Economía alemán tivo que negar a implicación coa mina de Santa Comba ante unha pregunta da deputada Eva Schreiber (DIE LINKE)A empresa mentiu aos accionistas dicindo que dispuña dunha liña oficial de crédito de 11 millóns de euros do Goberno Federal AlemánA actividade mineira pretende levarse a cabo... Seguir lendo →
EuroBattery Minerals: «Podemos comezar a explotación mañá mesmo»
Varios membros de ContraMINAcción xunto con ecoloxistas de Suecia participaron esta semana na reunión para potenciais accionistas que organizou a empresa mineira sueca EuroBattery Minerals, intervindo en varias ocasións para alertar de que o proxecto "Corcel" que pretende desenvolver en Santa Comba non ten ningún tipo de autorización e que conta co rechazo frontal da poboación local. Cando membros... Seguir lendo →
ContraMINAcción e outros 234 colectivos de todo o mundo din NON á estratexia europea de materias primas críticas
A rede ContraMINAcción xunto con 234 colectivos da Europa e do resto do mundo veñen de apresentar ante a Comisión Europea unha dura Carta Aberta rexeitando a nova estratexia europea de materias primas críticas lanzada este mes. A estratexia da UE pretende achandar o camiño para unha nova vaga de minaría na Europa, procurando reducir os trámites... Seguir lendo →
Vaga de lumes Ourense: Dimisión do director xeral de Montes e un cambio radical cara a políticas de prevención
Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa... Seguir lendo →
A Xunta insinúa que unha das presas de residuos mineiros de San Finx era para moer millo
A rede ContraMINAcción considera "esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante na Xunta" que nun xiro inesperado, que a Dirección Xeral de minas insinúe agora que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50... Seguir lendo →
ContraMINAcción presenta unhas directrices internacionais para acabar cos desastres das presas de residuos mineiros
A rede de colectivos ContraMINAcción ven de lanzar xunto cun grupo internacional de 142 científicos, ONGs e grupos comunitarios de 24 países un documento de directrices internacionaispara o almacenamento seguro de residuos mineiros. As directrices pretenden protexer as comunidades locais, traballadores mineiros e o ambiente dos riscos que presentan millares de instalacións de almacenamento de... Seguir lendo →