Representación institucional do ecoloxismo galego a través da FEG

O pasado 12 de abril a FEG entregou no Rexistro telemático de atención ao cidadá, dirixíndose á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Servizos Cinexéticos e Piscícolas, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellaría de Medio Ambiente, Território e Infraestruturas, a solicitude de revisión do procedemento de convocatoria de Comités de Caza e Pesca para a designación de representantes ecoloxistas.

Ante as irregularidades da última renovación dos citados representantes, que tivo lugar o pasado mes de agosto de 2020, cítase a pasividade da Administración, que se desentendeu da súa responsabilidade organizativa, dando por válida a vía de anuncio de pago no DOG para esta finalidade, sen que na FEG se recibira ningún tipo de notificación nin aviso ao respecto. A FEG ten a responsabilidade de representar aos colectivos federados, os cales derivan persoas especialistas para as designacións nos Comités de Caza e Pesca. Solicítase que sexa a Administración a que faga a convocatoria formal e dispoña un local para a elección por parte dos grupos que queiran participar da representación do movemento ecoloxista nos Comités de Caza e Pesca, solicítase transparencia no seu funcionamento exixindo que se fagan públicas as actas das reunións que se celebren.

Ademais, entendendo que o ecoloxismo é o fío que une a todas as asociacións e colectivos que optan a representalo nos devanditos comités, a FEG entende que este fío nunca debería ser tecido para discordia, senón que a FEG apela polo sentido común e o fortalecemento social para facermos, neste caso, dos Comités de Caza e Pesca, entes con contido a prol do medio ambiente, co gallo do ben común e sen entrar en intereses particulares nin alleos á ecoloxía. Por este motivo a FEG reforza a anterior solicitude coa carta que leva o nome “Respecto ao traballo das representantes ecoloxistas nos órganos de representación: Coidemos a quen coida. Defendamos a quen defende”, pedindo o debido respecto polo traballo dos representantes ecoloxistas nos órganos de representación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: