O raposo e a Enfermidade de Lyme

Como lembraredes esta charla estaba prevista para o venres, 30 de abril, pero por problemas técnicos non puidemos levala a cabo. Por este motivo, Chisco Lema ofreceuse a volver a dar de novo a charla dentro dos nosos Encontros Naturalistas o próximo venres, 21 de maio. Francisco Javier Lema Fuentes, Chisco, falarános do motivo que o levou a facer un video documental colgado no canle de YouTube De Re Naturae, sobre o efecto cascada do raposo no risco da Enfermidade de Lyme, o ciclo do Ixodes, o papel dos ratos (roedores) da transmisión da enfermidade, a incidencia da Enfermidade de Lyme e a trascendencia na saúde.

Chisco Lema Fuentes é veterinario e gran aficionado a etoloxía da fauna silvestre, preferentemente os depredadores, entre eles as aves de rapiñas e os grandes e medianos mamíferos, da Costa da Morte, representados polo raposo e o lobo. É autodidacto e colaborou en varios artigos sobre o lobo. Realizou varias charlas sobre o lobo en colexios e institutos. Chisco Lema, ademais, é documentalista aficionado e presentou varios traballos á Deputación de Lugo sobre o Río Xallas (As Feridas do Xallas), o lobo (A Costa da Morte, o gran carnívoro sobrevivente), etc; e formou parte do equipo que presentou o video “Terra de Lobos” no Congreso sobre o Lobo en Lugo.

A emisión será este venres, 21 de maio do 2021, ás 20:30h., baixo o título “O raposo e a Enfermidade de Lyme”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: